Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Mércores, 13 de setembro de 1995 Páx. 6.954

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 1995 pola que se amplía o prazo de inscrición para participar en certos cursos de formación continua para o persoal de institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde convocados mediante Resolución do 19 de xullo de 1995.

O 26 de xullo de 1995 foi publicada a convocatoria de oitenta e catro cursos de formación contínua para o persoal de institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde, mediante resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 19 de xullo de 1995.

Finalizado o aprazo de presentación de instancias o día 2 de setembro, advírtese que en determinados cursos o número de instancias formalizadas resulta substancialmente inferior ó número de prazas convocadas.

Co fin de acada-la máxima participación nos devanditos cursos,

DISPONSE:

Artigo único.-Amplia-lo prazo de presentación de instancias do 11-9-1995 ó 18-9-1995, ámbolos dous inclusive, para os cursos e destinatarios que se relacionan no anexo, que deberán formalizarse conforme o establecido na resolución deste centro directivo do 19 de xullo de 1995 (DOG nº 142, do 26 de xullo de 1995).

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 1995.

Carlos Negreira Souto

Director xeral de Recursos Humanos

4973