Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Mércores, 13 de setembro de 1995 Páx. 6.954

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 19 de xullo de 1995 pola que se convocan oitenta e catro cursos de formación continua para o persoal de institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde.

Advertidos erros na citada resolución, publicada no DOG número 142, do 26 de xullo de 1995, é oportuno efectua-las seguintes modificacións:

-Na páxina 5.926, no apartado 3 do curso de electrocardiografía clínica, onde di: «Duración: 20 horas», debe dicir: «Duración: 30 horas».

Onde di: «Datas: 6-10 de novembro. Horario: 17 a 21. Centro: Centro de Saúde do Barco. Ourense», debe dicir: «Datas: 6-17 de novembro. Horario: 17 a 21. Centro: Centro de Saúde do Barco. Ourense».

-Na páxina 5.926, no apartado 3 do curso de resucitación cardiopulmonar básica, onde di: «Duración: 30 horas», debe dicir: «Duración: 15 horas».

Onde di: «Datas: 3-4, 17-17 de outubro. Horario: 17 a 21. Centro: Centro de Saúde das Fontiñas. Santiago de Compostela», debe dicir: «Datas: 3-4, 17-18 de outubro. Horario: 17 a 21. Centro: Centro de Saúde das Fontiñas. Santiago de Compostela».

-Na páxina 5.927, no apartado 3 do curso de resucitación cardiopulmonar avanzada, onde di: «Duración: 30 horas», debe dicir: «Duración: 15 horas».

-Na páxina 5.927, no apartado 3 do curso de atención o paciente politraumatizado, onde dice: «Duración: 30 horas», debe dicir: «Duración: 15 horas».

-Na páxina 5.927, no apartado 3 do curso de ecografía xinecolóxica para médicos de atención primaria, onde di: «Duración: 30 horas», debe dicir: «Duración: 15 horas».

Onde di: «Datas: 1-2 de decembro. Horario: 17 a 21. Centro: Delegación de Sanidade. Pontevedra», debe dicir: «Datas: 27 de novembro-1 de decembro. Horario: 17 a 21. Centro: Delegación de Sanidade. Pontevedra».

-Na páxina 5.928, no apartado 3 do curso de programa do embarazo e da muller en atención primaria, onde di: «Datas: 9-11 de novembro. Horario: 17 a 21. Centro: Hospital Materno-Infantil. A Coruña», debe dicir: «Datas: 11-15 de decembro. Horario: 17 a 21. Centro: Hospital Materno-Infantil. A Coruña».

-Na páxina 5.929, no apartado 3 do curso de avaliación e mellora da calidade asistencial en atención primaria, onde di: «Duración: 30 horas», debe dicir: «Duración: 20 horas».

Onde di: «Datas: 28-29 de novembro. Horario: 17 a 21. Centro: Centro de Saúde rúa México. Vigo», debe dicir: «Datas: 20-24 de outubro. Horario: 17 a 21. Centro: Centro de Saúde rúa México. Vigo».

6018