Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Mércores, 13 de setembro de 1995 Páx. 6.956

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de xullo 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4353 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (Begasa). R/Cidade de Viveiro, 4-1º-Lugo.

Finalidade: peche de anel entre liñas de L.M.T. a 20 kV, Muras-Vilalba.

Orixe da liña: C.T. da Cooperativa Villalbesa.

Final: C.T. Coruña.

Características: liña de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 620 m e con cable D.H.V.

15/25 kV, de 1x150 mm Al, para peche de aneis entre as liñas de Vilalba e Muras.

Orzamento: 6.330.300 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións coiden oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir do da publicación desta resolución.

Lugo, 7 de xullo de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

5870