Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Mércores, 13 de setembro de 1995 Páx. 6.945

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 1995, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio interprovincial da empresa Begano, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo de ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia da empresa Begano,. S.A. que se subscribiu o 20 de xuño de 1995, entre a representación da empresa e a representación dos traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90, apartados 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e o artigo 2 do Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta dirección xeral,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do devandito convenio no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remiti-lo texto orixinal ó correspondente servicio deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 1995.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

Convenio colectivo Begano, S.A., 1995

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O presente convenio de carácter interprovincial é de aplicación obrigatoria para tódolos empregados que

ten a empresa nos distintos centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 2º.-Ámbito funcional.

O presente convenio regulará, a partir da súa entrada en vigor tódalas relacións laborais da empresa e o seu persoal.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

O presente convenio inclúe a totalidade do persoal que está contratado pola empresa, abranguendo os traballadores fixos do cadro de persoal, eventuais, fixos descontinuos, substitutos, etc., así como os que poidan ser contratados durante a vixencia do convenio.

Artigo 4º.-Vixencia e duración.

O presente convenio entrará en vigor o día da súa sinatura, sen prexuízo da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, agás para efectos económicos, que entrarán en vigor o día 1 de xaneiro de 1995.

No caso de que o índice de prezos de consumo, IPC, establecido polo INE, rexistrase o 31 de decembro de 1995 un incremento respecto ó 31 de decembro de 1994, superior ó 5,5%, efectuarase unha revisión salarial, tan pronto se constate oficialmente tal circunstancia, no exceso sobre a indicada cifra, con efectos do 1-1-95 e calculado sobre os salarios do 31-12-94.

Páctase por un período de duración de un ano, é dicir, do 1-1-95 ó 31-12-95.

Artigo 5º.-Denuncia e prórroga.

A) Denuncia: a denuncia de rescisión ou revisión do convenio poderá formalizarse por parte da representación dos traballadores ou pola empresa, cunha antelación mínima de dous meses á data do seu vencemento.

Denunciado o convenio e ata que non se logre un acordo expreso, perderán vixencia soamente as cláusulas obrigacionais, manténdose en vigor o seu contido normativo.

B) Prórroga: se se desistise da denuncia a que se refire o parágrafo anterior deste artigo, o convenio colectivo prorrogarase por períodos anuais, é dicir de ano en ano.

Capítulo II

Comisión paritaria

Artigo 6º.-Comisión paritaria.

A comisión paritaria será un órgano de interpretación, arbitraxe e vixilancia do cumprimento do presente convenio.

As súas funcións serán:

1. Interpretación auténtica do convenio.

2. Arbitraxe dos problemas ou cuestións que lle sexan sometidas por ámbalas partes, de común acordo, en asuntos derivados deste convenio.

3. Conciliación facultativa nos problemas colectivos, con independencia das atribucións que por norma

legal poidan corresponderlles ós organismos competentes.

4. Vixilancia do cumprimento do pactado.

A comisión comporase de seis vocais, tres por cada parte de entre as que actuaron na deliberación do convenio. Levantarase acta dos acordos e resolucións que adopte a comisión que deberán ser asinados polas persoas que interveñan. Poderá nomearse un asesor ou experto por cada representación, aínda que estes non terán dereito a voto.

A comisión en primeira convocatoria non poderá actuar sen a presencia de tódolos vocais e en segunda, que se celebrará ó seguinte día hábil, actuará cos que asistan, tendo voto unicamente en número paritario os vocais presentes, sexan titulares ou suplentes.

A comisión reunirase por instancia de calquera das partes, poñéndose de acordo os vocais sobre o lugar, día e hora da reunión.

Ámbalas partes conveñen en dar coñecemento á comisión paritaria para calquera cuestión derivada da interpretación e de calquera aplicación do convenio.

Capítulo III

Emprego e contratación.

Artigo 7º.-Política de emprego.

Durante a vixencia do presente convenio será obxectivo prioritario da dirección da empresa o mantemento dos postos de traballo e preferentemente de persoal fixo, sempre e cando coide que subsisten as mesmas situacións e circunstancias actuais.

Artigo 8º.-Contratos de traballo.

Con independencia dos requisitos legais vixentes sobre o ingreso ó traballo, como norma xeral, todo traballador poderá esixir ó inicio da súa relación laboral o seu contrato de traballo por escrito, debendo a empresa informar tamén por escrito ó comité de empresa ou, se é o caso, delegados de persoal da realización e modalidade do dito contrato.

Ó remata-la relación laboral, o interesado poderá esixir que se expida o oportuno certificado de traballo.

Capítulo IV

Organización do traballo

As facultades da organización do traballo son de competencia e responsabilidade da dirección da empresa.

O comité de empresa informará á dirección de calquera suxerencia razoada que reforce as relacións e propostas socio/económicas da empresa en todo canto se refira a calquera modificación, automatización, revonversión e moderación, así como a reestructuración de seccións e variación de postos de traballo, por melloras de métodos e en xeral canto poida conducir a un mellor proceso técnico da empresa.

A dirección da empresa comprométese a informar trimestralmente ó comité de empresa dos temas xerais e da organización desta.

Artigo 10º.-Traballos de superior categoría.

O traballador que realice funcións de categoría superior á que corresponda a categoría profesional que teña recoñecida por un período superior a seis meses durante un ano ou oito meses durante dous anos, pode reclamar ante a dirección da empresa a clasificación profesional adecuada.

Cando se desempeñen funcións de categoría superior, pero non proceda legal ou convencionalmente o ascenso, o traballador terá dereito á diferencia retributiva entre a categoría asignada e a función que efectivamente realice.

Antes de cubrir prazas de superior categoría que non estean abranguidas nas que son de libre designación da empresa a dirección informará disto ó comité, co obxecto de solicita-lo seu informe, que non será vinculativo, sobre os empregados que poden ser suxeito do dito ascenso.

Para os efectos anteriormente expostos considérase persoal de libre designación, o abranguido nos niveis I, II e III (director, xefes de departamente e xefes de sección).

Artigo 11º.-Clasificación profesional.

A) As categorías profesionais e funcións estarán de acordo, na medida do posible, coas que se especifican na vixente ordenanza laboral de bebidas refrescantes 1/6/1977, dado que existen na empresa outras categorías, como por exemplo, preventistas, monitores, que realizan as súas funcións sen ter sido recollidas na ordenanza.

B) Independentemente desta regulamentación a dirección da empresa poderá redactar organigramas de niveis e funcións para os postos II, III e IV (xefes de departamento, xefes de sección e xefes de grupo).

C) Unha vez ó ano, e cando o comité de empresa o considere conveniente, poderán pedirlle á dirección a exposición en cada centro de traballo do cadro de persoal correspondente, sinalando nomes, apelidos e data de ingreso e clasificación por categorías profesionais.

Capítulo V

Réxime económico

Artigo 12º.-Estructura salarial.

1) Salario base.

2) Complementos:

a) Persoais: antigüidade.

b) De postos de traballo: tóxicos, penosos, perigosos e nocturnidade.

c) De calidade e cantidade: plus axustado-comisións, horas extraordinarias, incentivos e plus de convenio.

d) De vencemento periódico a un mes: pagas extras.

e) Extrasalariais: plus de transporte.

Artigo 13º.-Salario base.

O salario base establecido para tódalas categorías é o que figura na táboa salarial (anexo I).

Artigo 14º.-Antigüidade.

Establécense dous bienios do 5% do salario base de cualificación e sete trienios do 6%.

Artigo 15º.-Horas extraordinarias.

A empresa afectada polo presente convenio comprométese a reducir ó mínimo indispensable o número de horas extraordinarias e neste sentido acórdase:

1) Horas extraordinarias habituais: supresión.

2) Horas extraordinarias que veñan esixidas pola necesidade de reparar sinistros e outros danos extraordinarios e urxentes, así como en caso de risco de perda de materias primas: realización, logo de informe ó comité de empresa ou delegados de persoal.

3) Co fin de cualifica-lo concepto de hora extraordinaria estructural, entenderanse como tales, as necesarias por períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quendas ós de carácter estructural derivados da natureza do traballo de que se trate ou mantemento. Todo isto sempre que non poidan ser substituídos por contratacións temporais a tempo parcial, previstas na lei.

Tamén en relación co obxectivo de estimula-la creación de emprego a través da reducción de horas extraordinarias, as partes coincidiron na importancia do estricto cumprimento do artigo 35 do Estatuto dos traballadores. O incumprimento deste artigo será considerado falta grave para efectos do disposto no artigo 57 do estatuto.

A dirección da empresa informará periodicamente ó comité de empresa e delegados de persoal, sobre o número de horas extraordinarias realizadas, especificando as causas e, se é o caso, a distribución por seccións e por tarefas.

Artigo 16º.-Pagas extras.

Os traballadores afectados polo presente convenio percibirán tres pagas extraordinarias que se denominarán: participación en beneficios, verán e Nadal. As ditas pagas percibiranse na primeira quincena de maio, primeira quincena de xullo e primeira quincena de decembro, respectivamente. A súa contía será de trinta días de salario máis antigüidade e plus de convenio.

Artigo 17º.-Pluses.

Os traballadores afectados polo presente convenio desfrutarán dos seguintes pluses:

1. Plus de convenio, o seu importe para cada categoría vén recollido nas táboas que figuran como anexo.

2. Un plus de transporte co fin de compensa-los gastos de traslado ó traballo, na contía que figura na táboa salarial (anexo I), descontándose por cada día que se falte ó traballo a cantidade resultante de dividir por 25 o importe do referido plus, segundo a categoría correspondente, calquera que sexa a causa,

excepto nas vacacións, hospitalización, accidente laboral, maternidade e enfermidade común, cando a baixa supere os 45 días.

Artigo 18º.-Incentivos, plus axustado-comisións.

De acordo coas características funcionais de cada un dos departamentos da empresa, establécense unhas achegas económicas que sirvan para recoñecer e estimula-la mellor realización do traballo para a productividade da fabricación, caixas vendidas e consecución de obxectivos.

No departamento técnico fíxase un incentivo mensual segundo as bases establecidas.

No departamento comercial as vendas diarias procuran unhas comisións que se distribúen de acordo coa categoría, funcións e servicios que realizan os traballadores, segundo as táboas establecidas.

Os incentivos de almacén e administración estarán de acordo cos obxectivos que se indiquen periodicamente.

Tanto as cantidades reguladoras do incentivo ó departamento técnico como as asignacións por caixas para as comisións do departamento comercial, modificaranse anualmente tendo como base a evolución media dos prezos de venda. Os incentivos de almacén e administración modificaranse de acordo co seu propio parámetro.

Artigo 19º.-Incentivo de asistencia e puntualidade.

O incentivo de asistencia e puntualidade ten como obxectivo recompensar en termos económicos a todos aqueles traballadores fixos que ó longo do ano puidesen e desexasen supera-los inconvenientes que xorden e condicionan a óptima asistencia ó traballo e a puntualidade a este.

Con este fin establécese unha cantidade anual que, por categoría, equivale a dúas medias pagas, que se aboarán nas nóminas de marzo e setembro respectivamente, compoñéndose ámbalas dúas de soldo base, plus de convenio, plus de transporte e 20.000 ptas..

Para que isto sexa posible e responda exactamente á condición de incentivo, debe axustarse a unhas normas, as máis lóxicas e suficientemente moderadas, que se estipulan no regulamento recollido no anexo II, e que regularán en tódolos casos e de maneira xeral o seu desenvolvemento.

Quedan excluídas destes descontos as faltas ó traballo que se deriven dun accidente no traballo da empresa, hospitalización, maternidade, enfermidade común cando a baixa supere os 45 días, vacacións, 15 días naturais en caso de casamento, 1 día en caso de parto da esposa, 3 días en caso de enfermidade grave de parentes directos, 2 días por traslado de domicilio habitual, o tempo necesario para cumprimento de funcións de carácter sindical ou público e 3 días por morte de pais, fillos e irmáns.

Do mesmo xeito e tendo en conta o aspecto retributivo e de axuda deste incentivo, estipúlase como cantidade máxima de desconto o 50% do importe total. Se algún empregado supera esta cifra a dirección

comunicaralle ó comité de empresa a situación e avaliarase a causa ou forza que o motivou e actuaría en consecuencia.

O departamento de persoal, de acordo coas normas establecidas pola dirección, levará o control dos empregados da empresa, sen ningunha excepción, co fin de participar todos en igualdade de oportunidades.

Así mesmo recórdase a responsabilidade que ten o traballador de respectar escrupulosamente as normas de fichar no reloxo horario e de absterse de calquera manobra que poida entorpece-lo control de cada un.

Capítulo VI

Xornada, vacacións e licencias

Artigo 20º.-Xornada.

Tendo en conta as peculiaridades da empresa e a variación estacional da venda, a xornada de traballo para o presente ano (1995) será de 1.769 horas anuais, quedando establecida da seguinte maneira:

1. Meses de xaneiro, febreiro, marzo, abril, outubro e novembro, 39 horas semanais de luns a venres.

2. Meses de maio, xuño, setembro e decembro, 40 horas semanais de luns a venres.

3. Meses de xullo e agosto, 44 horas semanais de luns a venres.

Se por disposición legal se reduce a duración máxima da xornada ordinaria de traballo ámbalas partes confeccionarán a xornada para a súa adaptación á nova que se implante.

Respecto ós sábados de traballo, a empresa durante os meses de xullo e agosto, estará facultada para traballa-los sábados co persoal que precise, ó se tratar de períodos punta de actividade, na forma e sistema como ata a data se vén realizando, respectándose polo tanto, o máximo de 24 horas de traballo por persoa, coa validación das ditas horas en período de pouca actividade e de acordo coas necesidades da empresa.

O exceso de xornada polo traballo realizado, durante os sábados de xullo e agosto, será compensado pola empresa durante os meses de inverno.

Do mesmo xeito a dirección da empresa e o comité poderán pactar modalidades de compensación por horas realizadas en períodos punta de actividade, así como as condicións que libremente pacten, o incremento do número de sábados laborais.

Artigo 21º.-Traballo a tarefa.

Dadas as especiais circunstancias laborais en que se efectúa o traballo habitual do persoal comercial e moi especificamente o de distribución, a xornada de traballo desenvolverase de acordo coa tarefa indicada. Esta estará programada respectando teoricamente as indicacións que expresa o artigo 34 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 22º.-Xornada continua.

Para todo o persoal, a excepción do anteriormente citado, comercial e distribución, a xornada de traballo

será de 8 horas diarias. Establécese un descanso de 1/2 hora para o bocadillo. O dito tempo será considerado como de traballo efectivo para tódolos efectos, podendo desfrutarse ó longo da xornada ou ben antes do remate dela, neste caso daríase por concluída esta con 1/2 hora de antelación.

De tódolos xeitos o desfrute da 1/2 hora sinalada pode ser pactada polos departamentos ó longo da xornada.

Artigo 23º.-Vacacións.

Establécense vintetrés días laborables de vacacións para o persoal fixo. Para o eventual ou de campaña observarase o disposto na ordenanza laboral.

A época de desfrute será a que sinala a ordenanza. Non obstante e co fin de que tódalas persoas teñan opción a desfrutar en períodos determinados as vacacións en épocas estivais, facúltanse os xefes de departamento para que establezan rotación do seu persoal tendo como límite unha persoa por grupo, nos meses de xullo e agosto e de dúas persoas por grupo e mes no resto do ano.

Establécese unha bolsa extraordinaria de vacacións de salario base, máis antigüidade e plus de convenio, para o persoal fixo, de acordo co seguinte calendario:

-Novembro e febreiro: 27 días.

-Xaneiro, marzo, abril, maio, outubro e decembro: 22 días.

-Xuño, xullo, agosto e setembro: 17 días.

Cando as vacacións coincidan en dous períodos diferentes, a bolsa repartirase proporcionalmente ós días que corresponda a cada un deles.

Artigo 24º.-Licencias.

Os traballadores afectados polo presente convenio, logo de aviso e xustificación, poderán ausentarse do traballo con dereito a remuneración, por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

a) Quince días naturais en caso de casamento.

b) Cinco días naturais en caso de parto da esposa.

c) Tres días en caso de enfermidade grave ou falecemento de parentes, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade. Cando, por tal motivo, o traballador necesite facer un desprazamento para o efecto, será de catro días.

d) Dous días por traslado do domicilio habitual.

e) O tempo necesario para o cumprimento de funcións de carácter sindical ou público sempre que medie a oportuna e previa convocatoria e subseguinte xustificación da utilización do período convocado e non exceda de cinco días alternos e dous consecutivos no transcurso do mesmo mes.

Artigo 25º.-Excedencias.

Os traballadores que levan un ano ó servicio da empresa, teñen dereito a que se lles recoñeza a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria, por un prazo non inferior a seis meses nin maior de cinco

anos. Este dereito só poderá ser exercido outra vez polo mesmo traballador se transcorresen catro anos desde o final da anterior excedencia.

O traballador excedente conservará só un dereito preferente ó reingreso das vacantes de igual ou similar categoría á súa que houbese ou se producisen na empresa, agás que a excedencia fose por un prazo de seis meses, neste caso producirase o reingreso automático ó remata-la excedencia.

O traballador estará obrigado a solicita-lo seu reingreso na empresa trinta días antes de remata-la súa excedencia.

A excedencia forzosa que dará dereito á conservación do posto de traballo e á antigüidade concederase pola designación ou elección para un cargo público que imposibilite a asistencia ó traballo. O mesmo tratamento daráselle ó traballador excedente que teña cargo provincial ou similar, como secretario do sindicato respectivo.

Artigo 26º.-Xustificantes.

Todos aqueles traballadores que se ausenten do traballo, calquera que sexa a súa causa, deberán presentar un xustificante.

Capítulo VII

Outras disposicións

Artigo 27º.-Incapacidade laboral transitoria.

Nos casos de incapacidade laboral transitoria, as prestacións económicas serán as seguintes:

a) Hospitalización e accidente laboral: ata o 100 por 100 do salario base convenio, antigüidade, plus de convenio e plus de transporte, desde o primeiro día.

b) Nos casos de enfermidade común ou accidente non laboral: ata o 100 por 100 do salario base convenio, antigüidade e plus de convenio desde o primeiro día, e o plus de transporte, cando a baixa supere os 45 días.

Artigo 28º.-Póliza de seguros.

A empresa subscribirá unha póliza de vida por un importe de 2.100.000 ptas. para o persoal fixo, e outra de morte por accidente ou invalidez total ou absoluta, para tódolos traballadores fixos e eventuais por unha cantidade de 2.500.000 de ptas..

Artigo 29º.-Axuda escolar.

Establécese unha axuda escolar logo de xustificación documental do centro de 10.000 ptas., por fillo desde os catro anos ata que remate os seus estudios de EXB. A dita cantidade será aboada durante o primeiro trimestre do curso escolar.

Do mesmo xeito establécese unha axuda do 100% da matrícula, 90% dos libros e 60% dos colexios, para os fillos dos empregados fixos que cursen estudios de BUP, COU e FP-1 e FP-2.

Establécese unha axuda especial para pais de fillos con algunha minusvalidez psíquica ou física, de acordo

coa cualificación da Seguridade Social, consistente en 6.000 ptas. mensuais por cada fillo en tales condicións.

Para percibir estas axudas será necesario te-la condición de fixo na empresa, e como mínimo unha antigüidade de un ano.

Artigo 30º.-Gratificacións.

a) Por nupcialidade: 20.000 ptas.

b) Por nacemento de fillos: 12.000 ptas.

c) Por defunción do traballador: 75.000 ptas. que percibirán os seus herdeiros.

Para percibir estas gratificacións será necesario como mínimo un ano de antigüidade na empresa, excepto no apartado c) que será desde o primeiro día.

Artigo 31º.-Premio especial por anos de servicio.

Concédese un premio especial por servicios ininterrompidos á empresa a todo o persoal fixo de Begano, S.A., nas contías seguintes:

Os 5 anos de antigüidade: 12.500 ptas.

Os 10 anos de antigüidade: 18.750 ptas.

Os 15 anos de antigüidade: 25.000 ptas.

Os 20 anos de antigüidade: 31.250 ptas.

Os 25 anos de antigüidade: 43.750 ptas.

Os 30 anos de antigüidade: 62.500 ptas.

Os 35 anos de antigüidade: 125.000 ptas.

O dito premio cobrarase no mes que se cumpran os anos de servicio de acordo coa escala establecida.

Artigo 32º.-Xubilación.

O traballador que voluntariamente se xubile antes dos 65 anos percibirá en concepto de gratificación os seguintes importes:

Antigüidade

+ 30 anosde 25 a 30de 15 a 25

60 anos18 meses16 meses14 meses
61 anos16 meses14 meses12 meses
62 anos14 meses12 meses10 meses
63 anos12 meses10 meses 9 meses
64 anos10 meses 9 meses 8 meses

O importe por mes abrangue o salario base, antigüidade e plus de convenio.

A xubilación será obrigatoria ós sesenta e cinco anos para tódolos traballadores afectados por este convenio.

Artigo 33º.-Préstamos.

Concederanse préstamos sen xuros ó persoal fixo da empresa, segundo un fondo circulante establecido para o efecto por importe de 15.000.000 de pesetas, de acordo coas seguintes condicións:

1. Adquisición de primeira vivenda: 1.000.000 ptas.

2. Atencións diversas: 500.000 ptas.

A amortización deles realizarase mediante deduccións en todas e cada unha das pagas ordinarias e extraordinarias seguintes á concesión do préstamo na forma seguinte:

A) Adquisición primeira vivenda: prazo máximo de amortización: 36 meses.

B) Atencións diversas: prazo máximo de amortización: 30 meses.

O traballador poderá, voluntariamente, anticipa-la devolución do préstamo.

Á hora da súa concesión, terase en conta o informe da comisión constituída para resolve-las peticións, composta por dous representantes da dirección e un polo comité de empresa, que terán en conta as necesidades do peticionario, circunstancias da súa solicitude ou ter tido préstamos con anterioridade.

En caso de despedimento ou baixa voluntaria, o prestamista estará obrigado a reembolsa-lo préstamo nun prazo máximo de 15 días a partir da data do seu cesamento na empresa, podendo esta descontar do finiquito a cantidade que lle debe.

No caso de falecemento con préstamo sen cancelar, o cónxuxe viúvo ou orfos maiores de 18 anos, continuarán amortizando o préstamo nas condicións que se fixasen.

Artigo 34º.-Axudas de custo.

Cando os traballadores teñan que pernoctar fóra da súa localidade, ademais do correspondente salario, percibirán 4.695 pesetas diarias en concepto de axuda de custo.

A axuda de comida unha vez incrementada no 4,3%, (IPC correspondente ó ano 1994) queda establecida en 1.094 pesetas.

Artigo 35º.-Roupa de traballo.

a) Para o persoal de fábrica facilitarase un equipo de verán e outro de inverno, o calzado regulamentario, determinado polas normas de seguridade, así como luvas de seguridade, segundo as necesidades.

b) Para o persoal de reparto facilitarase un equipo de verán e outro de inverno, así como un equipo de chuvia, dous pares de zapatos ó ano, uns para o verán e outros para o inverno, os traballadores responderán do seu correcto uso e conservación.

Artigo 36º.-Seguridade e hixiene.

Os traballadores e a dirección da empresa recoñecen a gran importancia e atención preferente que ten a seguridade e hixiene no traballo, e recordan que debe ter primacía na actuación cotiá para protección do traballador contra os riscos que se poden derivar do traballo e ó fomento no espírito de seguridade.

É responsabilidade, tanto da empresa como dos seus traballadores, e deberán adopta-las medidas necesarias para que calquera novo procedemento tecnolóxico non supoña incremento do risco.

En cantas materias afectan a seguridade e hixiene no traballo, serán de aplicación as disposicións contidas na ordenanza xeral de seguridade e hixiene no traballo, Estatuto dos traballadores e convenios da Organización Internacional do Traballo (OTI), ratificados por España e incorporados ó dereito positivo español.

Será competencia do comité de seguridade e hixiene no traballo, a vixilancia e control das condicións de seguridade e hixiene, así como a tramitación ou proposta de notificacións das condicións de traballo e a tramitación de expedientes.

Naqueles centros onde non exista comité de seguridade e hixiene, será competencia do comité de empresa ou dos delegados de persoal, a vixilancia e control das condicións de seguridade e hixiene.

Artigo 37º.-Cláusula adicional.

No non previsto no presente convenio observarase o establecido na ordenanza laboral de industrias de bebidas refrescantes do 14 de maio de 1977, no Estatuto dos traballadores e demais disposicións legais vixentes.

No suposto de que durante a vixencia do presente convenio fose derrogada a ordenanza laboral do sector, considerarase prorrogada na súa vixencia ata o remate deste, e as partes deberán negociar aquelas materias que consideren de interese para incorporar nun próximo convenio.

Capítulo VIII

Representación dos traballadores

Artigo 38º.-Competencias do comité de empresa.

a) Dereito á negociación colectiva.

b) Recibir información que lle será facilitada trimestralmente, polo menos, sobre a evolución xeral do sector económico ó que pertenza a empresa, sobre a situación da producción e vendas da entidade, sobre o seu programa de producción e evolución probable de emprego da empresa.

c) Emitir con antelación suficiente sobre os plans de formación profesional da empresa, proceso de fusión-absorción e modificación do estatus xurídico da empresa, cando supoña incidencia que afecte ó volume de emprego.

d) Emitir informe con carácter previo:

1) Reestructuración do cadro de persoal e cesamentos totais ou parciais, definitivos ou temporais daquela.

2) Reduccións de xornada, así como traslado total ou parcial das instalacións.

3) Implantación ou revisión de sistemas de organización e control de traballo.

4) Estudios de tempos, establecementos de sistemas de incentivos e valoracións dos postos de traballo.

5) Coñece-los modelos de contrato escritos, que se utilicen nas empresas, así como os documentos relativos ó remate da relación laboral.

6) Ser informado de tódalas sancións impostas por faltas moi graves, en especial en supostos despedimentos.

7) Dereito a ser oídos con carácter previo a toda decisión de sancións graves ou despedimentos.

8) Ser informado no referente ás estatísticas sobre o índice de absentismo e as súas causas, os accidentes de traballo e enfermidades profesionais e as súas consecuencias, os índices de sinistrabilidade, o movemento de ingreso, cesamentos e ascensos e probas de selección.

e) Exercer un labor:

1) De vixilancia no cumprimento das normas vixentes en materia laboral e de Seguridade Social, así como o respecto dos pactos, condicións e/ou usos de empresas en vigor, formulando, se é o caso, as accións legais oportunas perante o empresario e os organismos ou tribunais competentes. Así mesmo inclúese a capacidade de informar sobre calquera anomalía nos dereitos contractuais do traballador.

2) De vixilancia nas condicións de seguridade e hixiene no desenvolvemento do traballo da empresa.

3) De participar como se determina por convenio colectivo na xestión de obras sociais establecidas na empresa ou sector en beneficio dos traballadores ou da súa familia.

4) De colaborar coa dirección da empresa para consegui-lo establecemento de canto procure o mantemento e o incremento da productividade da empresa, sempre que se pactasen sistemas ou medidas tendentes a conseguila.

f) Recoñeceráselle ó comité de empresa capacidade procesual como órgano colexiado para exercer accións administrativas ou xudiciais en todo o relativo ó ámbito da súa competencia.

g) Os membros do comité de empresa, e este no seu conxunto, observarán o sixilo profesional en todo o referente ás alíneas b), c) e d) deste artigo, aínda despois de deixar de pertencer ó comité de empresa e en especial en todas aquelas materias sobre as que a dirección e o comité sinalen o seu carácter reservado.

h) Asemblea de traballadores:

1) Dereito a convocar e presidir asembleas sendo responsable do normal desenvolvemento delas.

Terán a obriga de comunicarlle ó empresario a convocatoria e os nomes das persoas pertencentes á empresa que vaian asistir a elas, sendo necesario o consentimento previo da empresa, sempre e cando se celebren nos seus locais, o acceso a esta de persoas alleas.

2) Cando por traballar en quendas, por insuficiencia de local, ou por calquera outra circunstancia, non poida reunirse simultaneamente todo o cadro de persoal, as diversas reunións parciais que teñan que celebrarse consideraranse como unha soa e datada no día da primeira.

3) O lugar da reunión será o centro de traballo, se as condicións deste o permiten, esta terá lugar fóra de horas de traballo nos catro meses de campaña. Nos oito meses restantes dispoñerán de unha hora ó mes dentro da xornada.

A dirección non se poderá opoñer á celebración dunha asemblea, cando esta teña como exclusivo obxecto somete-los traballadores:

a) A declaración ou o final dunha folga.

b) A aprobación da totalidade dun convenio.

c) No caso de demisión ou elección dos representantes sindicais.

A dirección poderase opoñer:

a) Se transcorrese menos de un mes despois da última reunión celebrada.

b) Se aínda non se resarcise ou afianzase o pagamento polos danos materiais, producidos por alteracións ocorridas nalgunha anterior asemblea.

4) A convocatoria con exposición da orde do día proposta polos convocantes comunicaráselle ó empresario con 48 horas de antelación como mínimo, debendo este notifica-la recepción.

i) Os membros do comité de empresa dispoñerán dun crédito de horas retribuídas para o exercicio das súas funcións de representación, de acordo coa seguinte escala:

-Ata 100 traballadores: 15.

-De 101 a 250 traballadores: 20.

As horas serán acumulables entre os diferentes membros do comité de empresa dentro de cada mes.

j) Garantías:

1) Prioridade de permanencia na empresa ou centro de traballo, respecto dos demais traballadores, nos supostos de suspensión ou extinción por causas tecnolóxicas ou económicas.

2) Non ser despedido nin sancionado durante o exercicio das súas funcións, nin dentro do ano seguinte á expiración do seu mandato, agás que esta se produza por revogación ou demisión, sempre que o despedimento ou sanción se basee na acción do traballador no exercicio da súa representación, sen prexuízo, polo tanto, do establecido no artigo 54 do Estatuto dos traballadores.

3) No suposto de existir sanción ou despedimento por faltas graves ou moi graves, alleas á súa función como membro do comité de empresa e o delegado do sindicato ó que pertenza, no suposto de que non se recoñecese como tal na empresa. En todo suposto en que os tribunais declaren a nulidade ou improcedencia do despedimento, será obrigatoria a readmisión do traballador, sen a posibilidade de indemnización substitutoria, agás acordo das partes.

Artigo 39º.-Seccións sindicais.

Cada central ou sindicato poderá designar respectivamente un delegado entre os traballadores da

empresa, sempre que o número dos seus afiliados supere o 10% do total do cadro de persoal.

Seranlle recoñecidas as mesmas garantías cás dos representantes elixidos polos traballadores.

Serán funcións das seccións sindicais:

a) Representar e defende-los intereses do sindicato a quen representen e dos afiliados deste na empresa.

b) Servir de instrumento de comunicación entre a súa central sindical e a dirección da empresa con talante positivo.

c) Logo de comunicalo e de ser aceptado por parte da dirección da empresa poderán:

1) Difundir publicacións e avisos de carácter sindical.

2) Fixar comunicacións e anuncios de carácter sindical ou laboral nos taboleiros de anuncios que para tal efecto existan na empresa.

3) Reunirse nos locais da empresa fóra de horas de traballo.

d) Propoñer candidatos ás eleccións para cubrir postos do comité de empresa.

e) Serán así mesmo informados e oídos pola empresa con carácter previo:

1) Acerca dos despedimentos e sancións que afecten ós afiliados ó sindicato.

2) En materia de reestructuración do cadro de persoal, regulacións de emprego, traslado de traballadores e sobre todo proxectos ou acción empresarial que poida afectar substancialmente ós intereses dos traballadores.

f) Cota sindical:

A requirimento dos traballadores afiliados, as centrais sindicais ou sindicatos que ostenten a representación a que se refire este apartado, as empresas descontarán na nómina mensual dos traballadores, o importe da cota correspondente.

O traballador interesado na realización de tal operación remitiralle á dirección da empresa un escrito no que se expresará con claridade a orde de desconto, a central ou sindicato a que pertenza, a contía da cota, así como o número da conta corrente ou cartilla da caixa de aforros á que deba ser transferida a correspondente cantidade. As empresas efectuarán as anteditas detraccións, agás indicación en contrario, por períodos de un ano.

Artigo 40º.-Comité intercentros.

Este comité comporase dun máximo de cinco membros, dos cales tres serán designados entre os compoñentes do comité de empresa da Coruña, un polas delegacións de Ferrol, Santiago de Compostela e Lugo, e outro polas delegacións de Pontevedra, Vigo e Ourense, gardándose a proporcionalidade dos sindicatos, segundo os resultados electorais considerados globalmente.

O comité intercentros poderá disolverse por decisión da metade máis un dos seus membros.

As súas funcións serán as de órgano de coordinación e arbitraxe dos distintos comités de empresa, participación na negociación colectiva e emisión de informes de carácter xeral que poidan afectar á política de emprego da empresa.

Este comité reunirase con tódolos representantes sindicais da empresa, dúas veces ó ano como mínimo, fixándose, de mutuo acordo, o calendario e orde do día das ditas reunións.

ANEXO I

Táboa salarial 1995

SalariosPlus

convenio

Plus

transporte

CategoríasDiarioMesDiarioMesMes

Peón(eventual)2585 715505011503012725
Axudante(eventual)2741 822304931479012725
Aux.Admvo.Axte.2741 822304931479015500
Oficial 2ª2902 870604561368015500
Oficial 1ª e monitor3039 911704571371014950
Encargado grupo

e preventivista

33521005604271281013825
Encargado sección39711191304061218012725
Encargado xeral46581397403521056011600

ANEXO II

Regulamento do incentivo de asistencia e puntualidade

Faltas de puntualidade.

Enténdense por faltas de puntualidade todos aqueles retrasos que excedan cinco minutos da hora sinalada para entrada e saída do traballo de acordo co calendario e horario laboral.

-Por tres faltas nun mesmo mes equivale a unha falta sen xustificar.

-Por cinco faltas nun mesmo mes equivale a dúas faltas sen xustificar.

-Cada nova falta de puntualidade a partir de cinco faltas equivale a unha falta sen xustificar.

Se nun trimestre móbil existen seis faltas de puntualidade que non tivesen desconto, equivalerían a unha falta sen xustificar.

Faltas xustificadas.

Enténdense por faltas xustificadas todas aquelas que estean ou veñan avaladas por un xustificante médico ou oficial.

Os permisos do día completo ou saídas en medio da xornada serán ponderadas e clasificadas polo correspondente xefe de sección.

-Cada falta xustificada representa o desconto do 1% do importe total.

Faltas sen xustificar.

Todas aquelas faltas que non entren na categoría de excepción nin no apartado anterior terán a natureza de faltas sen xustificar.

-Cada falta sen xustificar ten un desconto do 4%.

95-5902