Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Mércores, 13 de setembro de 1995 Páx. 6.938

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Compañía del Frío Alimentario, S.A. (Cofralim).

Visto el expediente do convenio colectivo para a empresa Compañía del Frío Alimentario, S.A. (Cofralim), da provincia de Pontevedra, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 28-2-1995, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social polos delegados de persoal en data 14-2-1995. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de mayo, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, de 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunicade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Vigo, 28 de xuño de 1995.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo de traballo entre a empresa Compañia del Frío Alimentario, S.A (Cofralim) e os seus traballadores do centro de Vigo.

Disposicións xerais.

Artigo 1º.-Ámbito funcional e persoal.

O presente convenio colectivo regulará a partir da data da súa entrada en vigor as relacións laborais entre a empresa Cofralim, centro de traballo de Vigo, e o persoal do seu cadro, coa excepción do delegado da empresa.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

Este convenio será de aplicación no centro de traballo de Vigo.

Artigo 3º.-Ámbito temporal.

O presente convenio entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 1995 e terá unha duración de dous anos; rematará o 31 de decembro de 1996. O convenio prorrogarase tacitamente agás que algunha das partes o denunciase dentro dos tres últimos meses da súa vixencia.

Artigo 4º.-Incremento salarial.

Ano 1995: as retribucións correspondentes ó ano 1995 son as recollidas no anexo I.

Ano 1996: a retribución salarial correspondente ó ano 1996, para todo o persoal na súa retribución fixa, será o que se determine no anexo II.

Na parte variable aplicaranse as mesmas porcentaxes de comisión que en 1995 e cos mesmos criterios que en 1995, recollidos no anexo I.

Artigo 5º.-Vinculación á totalidade.

As condicións pactadas neste convenio forman un todo orgánico e indivisible e non poderá ser aplicado só parcialmente.

Artigo 6º.-Comisión paritaria.

O coñecemento e os conflictos derivados da aplicación e interpretación das condicións pactadas no presente convenio realizaranse a través da comisión

paritaria que queda constituída e formada polos seguintes membros:

Representantes da empresa:

Xefe de zona: José Antonio Gutiérrez Figar.

Delegado: Guillermo Araújo Pardo.

Representantes do persoal: Mª del Carmen Valcárcel Vilas.

José Antonio Álvarez Vázquez.

Artigo 7º

Ámbalas partes asinantes conveñen en lle dar coñecemento á citada comisión de cantos detalles, discrepancias e conflictos puidesen producirse como consecuencia da interpretación e aplicación do convenio, para que a mesma emita o seu dictame previo á presentación de tales casos ante as xurisdiccións correspondentes.

Organización do traballo.

Artigo 8º

A organización técnica e práctica do traballo correspóndelle á dirección da empresa, dentro das normas e orientacións legais vixentes. Sen merma da autoridade recoñecida á dirección da empresa, o delegado de persoal terá a función de asesoramento, orientación e proposta no referente á organización e racionalización do traballo.

Artigo 9º

A empresa, tendo en conta que o contido fundamental dos postos de traballo de promotores e autovendas se realiza fóra do centro de traballo, é dicir, na rúa, e en virtude do dereito, recoñecido nas disposicións legais, de poder adopta-las medidas que coide máis oportunas de vixilancia e control para verifica-lo cumprimento polo traballador das súas obrigas e deberes laborais, aplica o réxime de traballo a tarefa, tanto para efectos da súa realización como para efectos de retribución.

Artigo 10º

A determinación do traballo a tarefa afecta soamente a promotores e autovendas e será efectuado pola empresa fixando para cada categoría profesional a tarefa a realizar, nun período determinado de tempo, atendendo ás características e particularidades de cada ruta e tendo en conta, entre outros factores, o número de visitas a realizar. En consecuencia, para a realización do traballo a tarefa, a empresa fixará a hora de iniciación da xornada, que rematará unha vez realizada a misión diaria asignada.

Se o traballador considerase excesiva a tarefa asignada porao en coñecemento do seu xefe inmediato. Contra a decisión deste poderá recorrer á dirección da empresa, en por si ou a través do delegado de persoal. A dirección resolverá no prazo de dez días. Contra tal resolución poderá recorrerse ante o organismo laboral competente (comisión paritaria, etc.) sen prexuízo de continuar cumprindo as instruccións recibidas ata que se resolva definitivamente o que proceda.

Para o resto do persoal, é dicir, administrativos e camaristas, dado que o contido fundamental destes postos de traballo se realiza no interior do centro de traballo, a empresa aplica o réxime de traballo de xornada partida ou xornada continuada, tanto para efectos da realización do mesmo, como para efectos da retribución.

Definición dos postos de traballo.

Artigo 11º

Os contidos dos diferentes postos traballo consignados no presente convenio son meramente enunciativos, dada a diversidade de traballos que habitualmente debe de realizar cada categoría profesional, e non supoñen a obriga de ter provistas tódalas prazas se a necesidade do volume da empresa non o require.

Equivalencia: para efectos do disposto no artigo 39 do Estatuto dos traballadores, que regula a mobilidade funcional no cadro de persoal, acórdanse as seguintes equivalencias entre os grupos profesionais que se citan:

-Grupo de vendas: as categorías de promotores, autovendas e prevendistas.

-Grupo almacén-cámara: as categorías de camaristas e peóns de almacén.

-Grupo de administración: as categorías correspondentes a todo o persoal administrativo.

Artigo 12º

Promotor: é o que presta os seus servicios para realizar actividades de promoción, captación de clientes e prospección de vendas e publicidade, sendo responsable dun grupo de persoal e funcións, ocupándose de aplicar e facer aplica-las normas de traballo para consegui-los obxectivos sinalados nos plans xerais da empresa, tanto nos aspectos comerciais como administrativos e mantemento de vehículos e demais medios comerciais, velando polo exacto cumprimento dos mesmos e informando en todo momento ós seus inmediatos superiores de canto sexa de interese no desenvolvemento das funcións dos seus subordinados.

Encargarase do adestramento do persoal do seu grupo. Por necesidades transitorias ou imprevistas, ou por inexistencia de postos de traballo, a empresa poderá destina-lo traballador a realizar funcións correspondentes a unha categoría inferior, durante o tempo estricto en que subsistan as expresadas circunstancias e conservando sempre o salario e demais emolumentos correspondentes á súa categoría. Como expresión do anteriormente indicado témo-los traballos de autovendista, descarga de camións de fábrica, distribución de conservadoras, illas, quioscos, etc.

Artigo 13º

Autovenda: é o que presta os seus servicios para efectua-la distribución dos productos ós clientes da empresa conducindo o vehículo que se lle asigne, afectuando os traballos de carga e descarga do mesmo, cobramento de contado e crédito e liquidación da mercancía, actividades de promoción e prospección de

vendas e publicidade, control dos medios concedidos en poder de clientes, visitando a tódolos clientes de cada ruta, informando diariamente ós seus superiores da súa xestión, coidando do mantemento e conservación do vehículo.

Por necesidades organizativas, as funcións detalladas no parágrafo anterior poderán ser asignadas a productos distintos. En tal suposto, quedarán encadrados nesta categoría tanto o productor que realice actividades de promoción e prospección de vendas e publicidade, como o que se encarga de efectua-la distribución e conseguinte cobramento e liquidación da mercancía, carga e descarga do camión, etc.

Por necesidades transitorias ou imprevistas ou por inexistencia de postos de traballo, a empresa poderá destina-lo traballador a realizar funcións correspondentes a unha categoría inferior durante o tempo que subsistan as expresadas circunstancias e conservando sempre o salario e demais emolumentos correspondentes á súa categoría. Como expresión do anteriormente indicado témo-los traballos de descarga dos camións de fábrica, distribución de conservadoras, illas, quioscos, etc., limpeza do almacén, conservadoras, etc.

Artigo 14º

Administrativo: é o que presta os seus servicios en calidade de administrativo, para realizar operacións administrativas e, en xeral, as puramente mecánicas, inherentes ó labor administrativo.

Os distintos cometidos asignados a esta categoría ou especialidade son meramente enunciativos, dada a diversidade de traballos que de cotío debe de realizar este traballador. Xa que logo, estará disposto a realizar cantos traballos inspirados no principio de boa fe lle ordenen os seus superiores dentro dos cometidos propios da organización.

Por necesidades transitorias ou imprevistas ou por inexistencia de postos de traballo, a empresa poderá destina-lo traballador a realizar funcións correspondentes a unha categoría inferior durante o tempo en que subsistan as expresadas circunstancias e conservando sempre o salario e demais emolumentos correspondentes á súa categoría.

Artigo 15º

Camarista: é o que presta os seus servicios como camarista para:

-Descarga-las subministracións ó depósito e a súa introducción na cámara ou almacén.

-Ter perfectamente ordenados os productos no interior da cámara ou almacén.

-Servir e carga-los pedidos que lle efectúen os promotores, autovendistas ou posibles clientes que se acerquen a comprar ó mesmo depósito.

-A limpeza, orde do almacén e vixilancia das instalacións.

-A limpeza e distribución das conservadoras, illas, quioscos, etc.

Os distintos cometidos asignados a esta categoría ou especialidade son meramente enunciativos, dada a diversidade de traballos que de cotío debe de realizar este traballador. Xa que logo, estará disposto a realizar cantos traballos, inspirados no principio de boa fe, lle ordenen os seus superiores dentro dos cometidos propios da organización.

Determinación das condicións económicas.

Artigo 16º

A empresa aplica o réxime retributivo de traballo a tarefa para promotores e autovendas, segundo a táboa do anexo I.

Durante os anos 1995 e 1996 aplicarase o sistema de comisións que se recolle no anexo I.

A empresa reserva para si a capacidade de introducir modificacións no sistema de comisións por razóns de estratexia retributiva, incorporación de novos productos, cambio de sistemas de vendas, etc.

A retribución do traballo a tarefa comporase de dúas partes:

Unha, en concepto de soldo fixo, correspondente á categoría profesional do traballador afectado, o contido da cal se recolle no artigo 12º e 13º.

E outra, en concepto de comisións que retribuirán:

a) A forma en que se desenvolve a tarefa.

b) Os desfases de tempo, en cómputo anual, que puidesen resultar na realización da tarefa.

Artigo 17º

O anexo I recolle, igualmente, a retribución pactada ó resto do persoal, de acordo coa súa categoría profesional.

Artigo 18º

Así mesmo, recóllese no anexo I os diferentes conceptos económicos como son:

A compensación por comida, segundo a categoría profesional, sempre que por razóns de traballo se produza o desprazamento do persoal afectado, de forma que non poidan comer no domicilio ou lugar habitual.

A compensación por gardas en domingos e festivos que será igual para tódalas categorías profesionais.

Xornada laboral.

Artigo 19º

A duración da xornada ordinaria de traballo será de 1.797 horas ano de traballo efectivo, medidas en cómputo anual.

Artigo 20º

Dado o carácter eminentemente estacional da venda de xelados e conxelados, dado que está establecida a xornada anual en 1.797 hora efectivas de traballo, a empresa flexibilizará a xornada laboral atendendo as necesidades de traballo de acordo coas disposicións legais sobre a materia.

Artigo 21º

A xornada laboral adaptarase ás necesidades do centro de traballo, seguindo como norma xeral a hora de entrada en campaña ás 8 da mañá e as 8.30 fóra de campaña.

Para estes efectos fíxase o período de campaña desde o 1º de abril ó 30 de setembro, ambos incluídos, período no que se traballarán 16 sábados completos a determinar no depósito.

A hora de iniciación da xornada poderá ou non se-la mesma para as diferentes categorías profesionais.

Artigo 22º

Dado que o 80% das vendas de xelado se efectúan no período de campaña, traballarase os 16 sábados determinados no artigo anterior.

Queda exceptuado o persoal administrativo, dado que a índole do seu traballo o permite, de forma que os 16 sábados determinados no artigo 21º acabarán a súa xornada ás 14 horas.

Como compensación, non se traballará ningún sábado do resto do ano. Ademais disto e para favorece-la compensación, engadiranse tres días máis de festa ás vacacións regulamentarias sempre fóra do período de campaña.

Artigo 23º

As festas laborables, que terán carácter retribuído, e non recuperable son catorce ó ano, de acordo coas disposicións legais sobre a materia.

A relación concreta das festas neste centro de traballo figura como anexo III a este convenio.

Artigo 24º.-Traballo en domingos e festivos.

En principio non cabe o traballo en domingos e festivos do persoal, coas seguintes excepcións:

Para promotores:

a) Cando por necesidades transitorias, estea realizando a función de autovendista, dándose as circunstancias que obrigan a facer ruta.

b) Cando sexa nomeado responsable da garda, como responsable da apertura do depósito e peche do mesmo, así como da liquidación da venda e mercancía.

Para autovendas:

a) Cando por circunstancias imprevisibles de forza maior ou avarías de máquinas ou vehículos non puidese ser atendido o traballo imprescindible programado.

b) En distribución o persoal estrictamente necesario para atender servicios especiais limitados, tales como quioscos, feiras e festexos locais, espectáculos deportivos e análogos.

O espírito que inspira esta normativa do traballo en domingos e festivos baséase na vontade de reduci-las gardas ó mínimo necesario.

Vacacións.

Artigo 25º

O persoal desfrutará dun período anual de descanso de 30 días naturais e serán concedidos fóra do período de campaña, dada a especial intensificación do traballo nesta época.

Varios.

Artigo 26º.-Roupa de traballo.

A empresa facilitaralles ós seus traballadores a seguinte roupa de traballo, que quedará sempre como propiedade da empresa:

Autovendas:

Dúas camisas e dous pantalóns que terán unha duracion de un ano.

Unha cazadora térmica que se renovará cando sexa necesario.

Camarista:

Un equipo especial térmico que lle evite ó organismo os cambios bruscos de temperatura entre a da cámara e a ambiental, que se renovará cando sexa necesario.

Persoal administrativo:

Dúas batas a todo aquel que se comprometa a usalas.

Baixas por enfermidade, accidente non laboral ou accidente de traballo.

Artigo 27º

A empresa aboará un complemento equivalente á contía necesaria para que, sumado á prestación correspondente, acade a totalidade do salario que percibía de promedio mensual durante os últimos doce meses.

O aboamento deste complemento terá unha duración máxima de doce meses e empezará a devengarse unha vez transcorridos dous meses de producida a enfermidade ou o accidente, de tal forma que o último mes de aboamento sexa o mes 14 a partir da enfermidade ou accidente.

Non obstante, a empresa poderá verifica-lo estado de enfermidade ou accidente do traballador que sexa alegado por este para xustifica-las súas faltas de asistencia ó traballo, mediante recoñecemento a cargo do persoal médico designado pola empresa. A negativa do traballador ós ditos recoñecementos poderá determina-la suspensión dos dereitos económicos que puidesen existir a cargo da empresa polas ditas situacións.

Artigo 28º.-Normas supletorias.

En todo o non previsto neste convenio haberá que aterse ó disposto no Estatuto dos traballadores e demais disposicións legais de rango superior.

Artigo 29º.-Garantía do posto de traballo.

Os traballadores que se vexan privados de carné de conducir por un máximo de ata tres meses e este lles sexa necesario para o exercicio da súa profesión habitual na empresa, manterán a mesma categoría e remuneración salarial normal, cando a retirada do dito carné de conducir sexa motivada por infracción ó códi

go de circulación que non revista o carácter de imprudencia temeraria por reincindencia. Durante o período de retirada de carné, a empresa poderá destina-lo traballador afectado a outras tarefas que non resulten vexatorias para el.

Artigo 30º.-Faltas, sancións e premios.

Acórdase manter nun futuro a mesma tipificación aplicada ata o de agora, é dicir, os artigo 67 a 76, ambos incluídos, da ordenanza de traballo de comercio.

ANEXO I

CONDICIÓNS ECONÓMICAS ANO 1995

Importe

Bruto anual

Salario mensual bruto

(14 mensualidades)

Categoría(Sen antigüidade)

PenosidadeSoldo basePlus actividade

Promotor2.356.83036.641131.704
Autovendista1.970.12030.053110.670
Administrativo1.963.03924.211116.006
Camarista2.124.10419.79028.890103.042

1. As mensualidades aboaranse en:

-12 meses naturais.

-2 extraordinarias (xullo e decembro).

2. O devengo das 2 mensualidades extraordinarias serán:

-Paga de xullo: do 1 de xaneiro ó 30 de xuño.

-Paga de decembro: do 1 de xullo ó 31 de decembro de cada ano, en ámbolos casos.

Plus de penosidade.

Os camaristas percibirán un plus de penosidade do 15% sobre o soldo base e plus de actividade durante cada unha das 14 pagas. Sobre o incentivo de campaña non se aplicará o plus de penosidade.

PLUS DE PENOSIDADE

COMPENSACIÓN POR COMIDA

CategoríaImporte por comidaObservacións

Promotor1.200
Autovenda1.100

COMPENSACIÓN POR GARDAS EN FESTIVOS

Para todo o persoal: 8.330 ptas.

Persoal de nova incorporación.

O persoal de nova incorporación á empresa, terá que aterse en todo o que a este convenio se refire, ás condicións especiais con el pactadas para o primeiro ano da icorporación á empresa, por estar en perído de formación e información, tanto na retribu

ción fixa como variable e demais circunstancias de traballo con el convidas.

SISTEMA DE COMISIÓNS SOBRE VENDAS NETAS COBRADAS

CampañaNon campaña
Abril a setembroOutubro a marzo

% Contado% Crédito% Contado% Crédito

Promotores con dous camións
Xelado1,100,802,151,70
Verduras, Preco y Pes.1,100,801,100,80
Pastelería1,100,801,100,80
Promotores con tres camións
Xelado0,950,701,801,45
Verduras, Preco e Pesc.0,950,700,950,70
Pastelería0,950,700,950,70
Autovendas
Xelado2,151,704,003,20
Verduras, Preco e Pesc.2,502,002,502,00
Pastelería2,502,002,502,00

Notas:

1. Grandes clientes:

-Ata o 10% de desconto se adxudica o 100% da venda a promotores e autovendas.

-Do 10 ó 15% de desconto se adxudica:

65% da venda a promotores e autovendas

35% da venda ó depósito.

-Do 15 ó 20% de desconto se adxudica:

50% da venda a promotores e autovendas.

50% da venda ó depósito.

2. Promotores con catro camións:

A porcentaxe de comisións será o mesmo que para o caso do promotor con tres camións.

A cifra de vendas sobre a que se aplicará o sistema de comisións determinarase mediante a seguinte operación aritmética:

(Suma de vendas dos 4 camións/4) x 3 = Cifra de vendas sobre a que se aplicará o sistema de comisións.

3. Promotores con cinco camións:

A porcentaxe de comisións será o mesmo que para o caso do promotor con 3 camións.

A cifra de vendas sobre a que se aplicará o sistema de comisións determinarase mediante a seguinte aritmética:

(Suma de vendas dos 5 camións/5) x 3 = Cifra de vendas sobre a que se aplicará o sistema de comisións.

4. O tipo de comisión está incrementado de forma que mensualmente se recibe a parte proporcional correspondente ó período de vacacións, percibíndose,

xa que logo, no dito período unicamente a retribución fixa.

5. A base de liquidación de comisións sobre a que se aplicará os diferentes tipos de comisión será a de vendas de contado máis as vendas de crédito cobradas, máis as vendas a crédito ás cadeas nacionais que se sinalan a seguir:

Pryca

Grupo Eroski

Agape (Flunch)

Alcampo

Simago

Gruma

Makro

Continente

Garcia Leon, S.A.

Corte Ingles/Hipercor

Mercadona

Ifa Española

Sebastian de la Fuente

CMD

Geser

Oliver y Berenguer

Jumbo

ITM Iberica

Leclerc

Unigro

Vima (Vivo-Maesa)

Unagras

Euromadi (Centra-Spar-Selex)

ANEXO II

CONDICIÓNS ECONÓMICAS ANO 1996

Importe

Bruto anual

Salario mensual bruto

(14 mensualidades)

Categoría(Sen antigüidade)

Soldo basePlus actividade

Promotor2.356.830+(IPC 1995+0,4%)
Autovendista1.970.120+(IPC 1995+0,4%)
Administrativo1.963.030+(IPC 1995+0,4%)+27.060
Camarista2.124.104+(IPC 1995+0,47%)+27.600

1. As 14 mensualidades aboaranse en:

-12 meses naturais.

-2 extraordinarias (xullo e decembro) de cada ano, en ámbolos casos.

Plus de penosidade.

Os camaristas percibirán un plus de penosidade do 15% sobre o soldo base e plus de actividade durante as 14 mensualidades. Sobre o incentivo de campaña non se aplicará o plus de penosidade.

COMPENSACIÓN POR COMIDA

CategoríaImporte por comidaObservacións

Promotor año 19961200 + IPC 1995
Autovenda1100 + IPC 1995

COMPENSACIÓN POR GARDAS EN FESTIVOS

Para todo o persoal: 8.330 + (IPC 1995 + 0,4%) ptas.

Persoal de nova incorporación.

O persoal de nova incorporación á empresa terá que aterse en todo o que a este convenio se refire, ás condicións especiais con el pactadas para o primeiro ano da incorporación, tanto na retribución fixa como variable e demais circunstancias de traballo con el convidas.

Incentivos 1996.

Administrativas: 213.240 (IPC + 0,40%) + 2.940

Camaristas: 184.680 + (IPC 95 + 0,40%) + 2.400

Sábados campaña a traballar 1995.

Será (16) sábados a traballar.

Comprenderá os dezaseis sábados de maior venda. Fixarase na delegación e distribuiranse entre o persoal de tal maneira que a delegación dea servicio durante o maior número de sábados posibles, dentro do período de campaña estipulado pola empresa entre o 1 de abril e o 30 de setembro.

Calendario de vacacións 1995

NomePeríodo

Álvaro Posada SánchezDo 25-9 ó 24-10-1995

Enrique Souto DomínguezDo 30-10 ó 29-11-1995

José A. Álvarez VázquezDo 25-9 ó 24-10-1995

José E. Escudero CerviñoDo 30-10 ó 29-11-1995

Jorge Juan Collada PérezDo 28-11 ó 27-12-1995

Casiano Areal PumarDo 1-9 ó 30-9-1995

Mª del Carmen Valcárcel VilasSegundo calendario xeral

ANEXO III

FESTAS LABORABLES DE CARÁCTER RETRIBUÍDO E NON RECUPERABLES 1995

6 de xaneiro, Epifanía do Señor

13 de abril, Xoves Santo

14 de abril, Venres Santo

1 de maio, Festa do traballo

17 de maio, Día das Letras Galegas

25 de xullo, Santiago Apóstolo

15 de agosto, Asunción da Virxe

12 de outubro, Festa Nacional de España

1 de novembro, Tódolos Santos

6 de decembro, Día da Constitución Española

8 de decembro, Inmaculada Concepción

25 de decembro, Natividade do Señor

Festas de carácter local:

27 de marzo, Reconquista de Vigo

16 de agosto, San Roque

Incentivo de campaña para o persoal administrativo 1995.

Obxectivo do incentivo:

O obxectivo do incentivo é premia-la corrección e a puntualidade na execución dos traballos administrativos e remunera-lo posible exceso de tempo que puidese derivarse da súa realización, de acordo cos criterios que a seguir se especifican:

-Características do incentivo:

1. Será do mes de abril ó mes de setembro, ambos incluídos.

2. A autorización para o pagamento deberá conter tanto a sinatura do delegado correspondente como da auditoría.

3. Os criterios de valoración para decidi-la procedencia ou non do pagamento será establecidos proximamente na forma habitual, xunto cos obxectivos quincenais e mensuais.

Importe do incentivo:

1. O incentivo terá carácter quincenal e estará vixente durante os meses arriba citados.

2. O seu importe será de 17.770 ptas. por quincena e persoa.

3. O pagamento do incentivo realizarase a través da nómina do mes seguinte.

Incentivos de campaña para o persoal de cámara 1995.

Obxectivo do incentivo:

O obxectivo do incentivo é premia-la forma en que o persoal de cámara realiza o traballo e o posible exceso que puidese derivarse da súa realización, de acordo cos criterios que a seguir se especifican.

Características do incentivo:

1. Será do mes de abril ó mes de setembro, ambos incluídos.

2. Será responsabilidade do delegado, sen necesidade de pedir autorización, a decisión sobre se procede ou non o seu aboamento.

3. Os criterios que valorará o delegado será os seguintes:

a) Existencias:

Funcionamento das notas de envío segundo normas.

Funcionamento das follas de carga segundo normas.

Orde e limpeza da cámara.

b) Delegación:

Orde e limpeza da nave.

c) Conservadores e quioscos.

Orde e limpeza.

Control das entradas e saídas e colaboración na súa colocación.

d) Colaboración co delegado.

Importe do incentivo.

1. O incentivo terá carácter quincenal e estará vixente durante os meses arriba citados.

2. O seu importe será de 15.390 ptas. por quincena e persoa.

3. O pagamento do incentivo realizarase a través da nómina do mes seguinte.

Calendario laboral horario de traballo persoal administrativo 1995.

Horario do 1 de maio ó 31 de agosto de 1995.

De luns a venres: 86 x 8,75=752,50 horas

Sábados: 16 x 6 horas = 96 horas

Horario resto do ano 1995

De luns a venres: 136x7,00 horas = 952,00 horas

Sábados = festa

Total: 1.800,50 horas

Notas: sobran 3,5 horas

-As horas de entrada e saída no período do 1 maio ó 31 de agosto, serán seguintes: 8.30 a 13 / 16 a 20

-As horas de entrada e saída durante o resto do ano serán as seguintes: 8.30 a 13 / 16 a 19.

Calendario laboral horario de traballo.

Persoal camarista 1995.

-Horario do 1 de abril ó 30 de setembro de 1995:

De luns a venres: 125 x 8.50 horas = 1.062,25 horas.

Sábados: 16 x 8 horas = 128 horas.

Horario non campaña do 1 de xaneiro ó 31 de marzo e do 1 de outubro ó 31 de decembro de 1995.

De luns a venres: 97 x 6,25 horas = 606,25 horas.

Sábados: festa.

Total: 1.796,75 horas.

Nota: faltan 0,25 horas.

-As horas de entrada e saída no período do 1 de abril ó 30 de setembro serán as seguintes: 8.30 a 13 / 16 a 20.

-As horas de entrada e saída durante o resto do ano serán as seguintes: 8.30 a 13 / 16 a 19.

Calendario laboral horario de traballo.

Persoal promotores e autovendas 1995.

Horario en campaña do 1 de abril ó 30 de setembro de 1995.

-De luns a venres de traballo a tarefa a razón de 8.50 horas x 125 días: 1.062,50 horas.

-Sábados de traballo a tarefa a razón de 8.00 horas x 16 días: 128,00 horas.

Horario non campaña do 1 de xaneiro ó 31 de marzo e do 1 de outubro ó 31 de decembro de 1995:

-De luns a venres de traballo a tarefa a razón de 6.25 horas x 97 días: 606,25 horas.

-Sábados: festa.

Total: 1.796,75 horas.

Nota: faltan 0,25 horas.

-A hora de entrada no período do 1 de abril ó 30 de setembro será a seguinte: 8 a 13 / 16 a 20.

-A hora de entrada durante o resto do ano será a seguinte: 8.30 a 13/16 a 19.

-A xornada rematará unha vez realizada a misión diaria.

5027