Por resolución da Dirección Xeral de Recursos Económicos do 6 de xuño, convocouse concurso polo procedemento de urxencia co obxecto de concerta-lo servicio de transporte sanitario urxente na provincia de Pontevedra (DOG nº 115, do 16 de xuño de 1995).
Cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa e por proposta da mesa de contratación constituída para tal fin, o director xeral de Recursos Económicos, en uso das atribucións que lle son delegadas polo artigo 3 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 15 de setembro de 1994 (DOG nº 191),
RESOLVEU:
Como órgano de contratación, adxudica-los contratos ás seguintes empresas e para as zonas que se indican.
-Empresa adxudicataria: José Santos Dubra (Ambulancias Redondela) para a área do Porriño e Salceda de Caselas, con base no Porriño.
-Empresa adxudicataria: Servicio Caleiro, S.L. para a área de Cambados, Ribadumia e Meis, con base en Cambados.
-Empresa adxudicataria: Mª Sol Fernández Malvar (Ambulancias A Cañiza) para a área da Cañiza e O Covelo, con base na Cañiza.
-Empresa adxudicataria: Benito Mirazo Díaz (Ambulancias Mirazo) para a área do Grove e Meaño, con base no Grove.
-Empresa adxudicataria: Benito Mirazo Díaz (Ambulancias Mirazo) para a área de Sanxenxo, con base en Vilalonga-Sanxenxo.
Santiago de Compostela, 28 de agosto de 1995.
Antonio Carbajo Romero
Director xeral de Recursos Económicos
95-5920