Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Martes, 12 de setembro de 1995 Páx. 6.934

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 1995, da Dirección Xerencia do C.A.P. Admon. número 1 de Lugo, pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto, mediante concurso, por trámite de urxencia da subministración de aparellos e dispositivos para equipamento do C.A.P. Admom. número 1 de Lugo.

A Dirección Xerancia do C.A.P. Admon. número 1 de Lugo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no apartado f do artigo 7 da Orde de 15 de setembro de 1994 (DOG número 191, do 3 de outubro), convoca expediente

de contratación polo procedemento aberto, mediante concurso, da subministración aparellos e dispositivos para equipamento do C.A.P. número 1 de Lugo.

Obxecto e orzamento: a subministración de diversos aparellos e dispositivos, por un orzamento máximo de vinteún millóns oitenta mil pesetas (21.080.000 pesetas).

Prazo de entrega: os equipos obxecto do presente concurso deberán ser entregados no prazo de un mes no almacén do C.A.P. Admon. número 1, sito na rúa Industria, 43-A, polígono do Ceao de Lugo.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poder ser solicitada no Servicio de Subministracións do C.A.P. Admon. número 1 de Lugo, praza de Ferrol, 11-4ª planta, 27001. Teléfono (982) 29 62 29 e 29 62 19. Fax (982) 24 24 16.

Fianzas: deberá consignarse unha fianza provisional do 2% do orzamento de licitación máximo de cada lote e unha fianza definitiva do 4% do importe da adxudicación. As devanditas fianzas constituiranse segundo o disposto nos artigos 36 e 37 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Clasificación: non se precisa.

Admisión de variantes: non se admiten.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro do C.A.P. Admon. número 1 de Lugo antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar ó C.A.P. Admon. número 1 a remisión da oferta mediante télex ou telegrama no mesmo día.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Centro de Especialidades de Lugo, sito na praza de Ferrol, 11-5ª planta, ás 10 horas do quinto día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que deberán aporta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta dos adxudicatarios do contrato.

Lugo, 28 de agosto de 1995.

Ascensión Yeguas Sánchez

Directora xerente do C.A.P. Admon. número 1 de Lugo