Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Martes, 12 de setembro de 1995 Páx. 6.933

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 1995, da Dirección Xeral de Recusos Económicos, pola que se resolve o concurso polo procedemento de urxencia para concerta-lo transporte sanitario urxente na provincia de Lugo.

Por resolución da Dirección Xeral de Recursos Económicos do 6 de xuño, convocouse concurso polo procedemento de urxencia co obxecto de concerta-lo ser

vicio de transporte sanitario urxente na provincia de Lugo (DOG nº 115, do 16 de xuño de 1995).

Cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa e por proposta da mesa de contratación constituída para tal fin, o director xeral de Recursos Económicos, en uso das atribucións que lle son delegadas polo artigo 3 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 15 de setembro de 1994 (DOG nº 191),

RESOLVEU:

Como órgano de contratación, adxudica-los contratos ás seguintes empresas e para as zonas que se indican.

-Empresa adxudicataria: Samuel Fernández Arias para a área do concello de Navia de Suarna con base en Navia de Suarna.

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 1995.

Antonio Carbajo Romero

Director xeral de Recursos Económicos

95-5793