Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Martes, 12 de setembro de 1995 Páx. 6.933

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 1995, da Dirección Xeral de Recusos Económicos, pola que se resolve o concurso polo procedemento de urxencia para concerta-lo transporte sanitario urxente na provincia da Coruña.

Por resolución da Dirección Xeral de Recursos Económicos do 6 de xuño, convocouse concurso polo procedemento de urxencia co obxecto de concerta-lo servicio de transporte sanitario urxente na provincia da Coruña (DOG nº 115, do 16 de xuño de 1995).

Cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa e por proposta da mesa de contratación constituída para tal fin, o director xeral de Recursos Económicos, en uso das atribucións que lle son delegadas polo artigo 3 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 15 de setembro de 1994 (DOG nº 191),

RESOLVEU:

Como órgano de contratación, adxudica-los contratos ás seguintes empresas e para as zonas que se indican.

-Empresa adxudicataria: Ambulancias Ayón, S.L. para a área de Lousame, Noia, Outes, Muros, Mazaricos e Carnota (excepto O Ézaro-O Pindo), con base en Outes.

-Empresa adxudicataria: Pompas Fúnebres de Padrón, S.A. para a área de Padrón, Rois, Dodro, Valga e Pontecesures, con base en Padrón.

-Empresa adxudicataria: Benito Mirazo Díaz (Ambulancias Mirazo) para a área de Negreira, Sta. Comba, Val do Dubra, Ames (excepto O Milladoiro), A Baña e Brión con base nos Ánxeles-Brión.

-Empresa adxudicataria: José Calvo Calvo (Ambulancias Calvo) para a área de Ortigueira, Cariño e Mañón, con base en Ortigueira.

-Empresa adxudicataria: José Mª Vázquez Montero para a área de Arzúa, O Pino, Touro e Boimorto, con base en Quión-Touro.

-Empresa adxudicataria: Dolores Nande López (Ambulancia y Funeraria Compostela) para a área de Ribeira, Porto do Son, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo, con base en Ribeira.

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 1995.

Antonio Carbajo Romero

Director xeral de Recursos Económicos

95-5792