Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Martes, 12 de setembro de 1995 Páx. 6.930

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 245/1995 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación, coas seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: tramo I-aéreo, desde unha torre metálica existente sen número da LM.T. D/C desde a que se realiza actualmente a derivación ó C.T. Himae ata o apoio proxectado n.2 onde ten a súa orixe a L.M.T.S. proxectada ó C.T. de r/ Progreso-Mos. Tramo II-subterránea, desde o apoio 2 da L.M.T.A. proxectada ó C.T. r/ Progreso ata o C.T. proxectado en r/ Progreso, concellos de Mos e O Porriño.

Finalidade da instalación: mellora-la distribución eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., aérea, a 15/20 kV, de 198 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón e metálicos. L.M.T., sunterránea, a 15/20 kV, de 130 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 15 kV-398/230 V.

Orzamento: 8.564.196 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 2 de agosto de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

95-5810