Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Martes, 12 de setembro de 1995 Páx. 6.931

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 247/1995 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación, coas seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o apoio 4 da L.M.T. existente ó C.T. de Piquetes ata a L.M.T.S. proxectada ó C.T. denominado circunvalación de Gondomar, e desde a L.M.T.A. proxectada ata o C.T. circunvalación de Gondomar, concello de Gondomar.

Finalidade da instalación: mellora-la distribución eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., aéreo-subterránea, a 20 kV, sendo o tramo aéreo de 50 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, e o tramo subterráneo de 100 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 20 kV-398/230 V.

Orzamento: 5.237.225 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 2 de agosto de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

95-5772