Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Martes, 12 de setembro de 1995 Páx. 6.930

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 244/1995 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación, coas seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde a torre n.8 da L.M.T. existente ó C.T. Extrema ata o apoio n.9 da misma liña, concellos das Neves e Arbo.

Finalidade da instalación: desvío instalacións por novo trazado de estrada.

Características principais: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 220 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón. R.B.T., aéarea, de 1.075 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.

Orzamento: 6.045.160 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 2 de agosto de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

95-5809