Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Martes, 12 de setembro de 1995 Páx. 6.927

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (320/1993).

En autos de xuízo executivo número 320/1993, seguido por instancia da Caixa de Aforros de Galicia, representada pola procuradora Losada Gómez, contra Luis Cutrín Porral, Martha Carbia Giadanes, José Alfonso Vilas Castelao e Mª José Zarauza González, en terceira poxa a parte actora ofreceu a cantidade de 1.200.000 ptas. como prezo de remate da vivenda inscrita no Rexistro da Propiedade de Santiago de Compostela no tomo 1.113, libro 141, folio 111, predio nº 16.253, que non cobre o tipo da segunda.

Tal extremo fáiselles saber ós debedores para que no prazo de nove días poidan pagarlle ó acredor liberando os bens, presentar persoa que mellora a oferta ou paga-la cantidade ofrecida polo postor obrigándose ó propio tempo a paga-lo resto do principal e mailas custas nos prazos e condicións que ofreza e que, oído o executante, poderá aproba-lo xuíz.

E para que conste e lles sirva de notificación ós demandados, dos que se descoñece o paradoiro, mediante a súa publicación no DOG, expido esta cédula que asino e selo en Santiago de Compostela o oito de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

A secretaria

Rubricado

4971