Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Martes, 12 de setembro de 1995 Páx. 6.927

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (46/1995).

En Padrón, o 12 de xuño de 1995.

En virtude do acordado polo xuíz de Primeira Instancia e Instrucción número un desta vila e o seu partido xudicial, de conformidade coa resolución dictada con esta data nos autos de xuízo verbal civil nº 46/1995, nos que o demanandante o concello de Padrón, pediu celebrar xuízo verbal civil contra os demandados Pedro Cegarra Caña Vete, Previasa e Francisco García Cea, acordouse cita-lo demandado para que compareza ante a Sala de Audiencia deste xulgado o día 2 de outubro de 1995 ás 12 horas, para a celebración do correspondente xuízo coa prevención de que de non comparecer seguirá o xuízo na súa rebeldía.

E para que así conste e sirva de citación ó demandado Francisco J. García Cea, expido o presente edicto en Padrón o 12 de xuño de 1995.

O xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

5009