Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Martes, 12 de setembro de 1995 Páx. 6.927

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (263/1994).

María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, dou fe e certifico de que nos autos de medidas provisionais tramitadas neste xulgado co número 263/1994 se dictou auto que no encabezamento e parte dispositiva di: «En Santiago de Compostela, o quince de maio de mil novecentos noventa e cinco, Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade, dictou a presente resolución no procedemento civil de medidas provisionais coetáneas á petición de separación seguido neste xulgado co nº 263/1994, no que actuaron como partes, como demandante Tránsito Salazar Jiménez, representada polo procurador dos tribunais Darío García Brea, designado de oficio, e asistida de igual modo, e como demandado Rafael Ferreruela Fernández, en ignorado paradoiro, sendo parte o Ministerio Fiscal.

Parte dispositiva.-Que debo denegar e denego a adopción de medidas reguladoras da situación patrimonial e persoal creada pola pendencia do preito de separación, sen prexuízo das consecuencias legalmente unidas á admisión da demanda de separación. Contra esta resolución non se dará ningún recurso pero poderase formular oposición ante este mesmo xulgado no prazo de oito días desde a notificación. Así o acordo no lugar e data reseñados».

E para que así conste e sirva de notificación a Rafael Ferreruela Fernández, en ignorado paradoiro, expido a presente cédula en Santiago de Compostela o vinteseis de xuño de mil novecentos noventa e cinco, do que dou fe.

Rubricado

5874