Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Luns, 11 de setembro de 1995 Páx. 6.900

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de xuño 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4097 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.. R/ Sáenz Díez, 95-Ourense.

Finalidade: mellora do servicio eléctrico da zona.

Orixe da liña: C.T. Mourelos.

Final: C.T. de Vilaraiz.

Situación do transformador: na Senra, Cerdeiro e Vilaraiz.

Características: liña de media tensión a 20 kV, con orixe en C.T. de Mourelos e remate en C.T. de Senra, cunha lonxitude de 350 m, en conductor LA-56, con apoios de formigón. Liña de media tensión a 20 kV, con orixe en apoio nº 21 da L.M.T. a Rosende, e remate en C.T. de Cerdeiro, cunha lonxitude de 336 m, en conductor LA-56, con apoios de formigón. Liña de media tensión a 20 kV, con orixe en apoio nº 31 da L.M.T. a Feás e remate en C.T. de Vilacaiz, cunha lonxitude de 158 m, en conductor LA-56, con apoios de formigón. Tres centros de transformación nos lugares de Senra, Cerdeiro e Vilacaiz de 100,50 e 50 kVA-20.000/398-230 V, en apoios de formigón. Rede de baixa tensión de 7.308 m de lonxitude e conductor R.Z.-95-50-25, para mellora do servicio eléctrico nos lugares da Reguenga, Arxemil, A Senra, Carreira, Vilar, Vilacaiz, S. Xulián e Carballos, no concello do Saviñao.

Orzamento: 31.855.000 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións coiden oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir da publicación desta resolución.

Lugo, 28 de xuño de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-5186