Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Luns, 11 de setembro de 1995 Páx. 6.901

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de xuño 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4102 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.. R/ Sáenz Díez, 95-Ourense.

Finalidade: mellora do servicio eléctrico na zona.

Orixe da liña: L.M.T. ó C.T. de Bouzoa.

Final: C.T. proxectado Albeiras-Maxal.

Situación do transformador: Albeiras-Taboada.

Características: liñas de media tensión a 20 kV, cunha lonxitude de 2.147 m, con conductor LA-56/54 6 mm de sección, con apoios de formigón e metálicos. Centro de transformación de 50 kVA-20.000/380-220 V ± 2,5% ± 5%, tipo aéreo. Rede de baixa tensión de 1.711 m de lonxitude, en conductor R.Z.-3x50/54 e 25/54, para mellora do servicio eléctrico nos lugares de Albeiras e Maxal, no concello de Taboada.

Orzamento: 12.193.580 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións coiden oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir da publicación desta resolución.

Lugo, 28 de xuño de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-5756