Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Luns, 11 de setembro de 1995 Páx. 6.900

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de xuño 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4095 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.. R/ Sáenz Díez, 95-Ourense.

Finalidade: mellora do servicio eléctrico na zona.

Orixe da liña: C.T. de Agüela.

Final: C.T. de Timós.

Situación do transformador: en Antas 1, Cibreiro e Timós.

Características: liña de media tensión a 20 kV, con orixe no C.T. de Agüela e remate en C.T. de Cibreiro, cunha lonxitude de 1.355 m e conductro LA-56 en postes de formigón. Liña de media tensión a 20 kV, con orixe na L.M.T. ó C.T. de Antas e remate no C.T. de Antas 1, cunha lonxitude de 32 m e connductor LA-56, en apoios de formigón. Liña de media tensión a 20 kV, con orixe na L.M.T. ó C.T. de Ferreiros e remate no C.T. de Timós, cunha lonxitude de 30 m, con conductor LA-56, en apoios de formigón. Tres centros de transformación en Antas 1, Cibreiro e Timós, de 160,50 e 50 kVA, 20.000/398-230 V, sobre apoios de formigón. Rede de baixa tensión cunha lonxitude de 2.986 m, en conductor R.Z.-95-50-25, para mellora do servicio eléctrico nos lugares de Antas de Ulla 1, Cibreiro, O Rial e Timós, no concello de Antas de Ulla.

Orzamento: 20.700.000 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións coiden oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir da publicación desta resolución.

Lugo, 28 de xuño de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-5185