Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Luns, 11 de setembro de 1995 Páx. 6.900

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de xuño 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4094 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.. R/ Sáenz Díez, 95-Ourense.

Finalidade: mellora do servicio eléctrico na zona.

Orixe da liña: en apoio nº 21 da L.M.T. Vilares-Buriz.

Final: C.T. proxectado en Rego Pequeno.

Situación do transformador: Cancelo e Rego Pequeno.

Características: liña de media tensión a 20 kV, con orixe no apoio nº 21 da L.M.T. Vilares-Buriz e remate no C.T. proxectado en Cancelo, cunha lonxitude de 629 m, con conductor LA-56 e postes de formigón. Liña de media tensión a 20 kV, con orixe en apoio nº 21 L.M.T. Vilares-Mato-Penediño e remate no C.T proxectado en Rego Pequeno, cunha lonxitude de 687 m, con conductor LA-56 e postes de formigón. Dous centros de transformación nos lugares de Cancelo e Rego Pequeno de 50 kVA cada un, tipo aéreos, cunha relación de transformación 15.000/400-231 ± 2,5% ± 5% V. Rede de baixa tensión cunhas lonxitudes de 982 e 922 m en conductor R.Z.-0,6/1 kV 95-50-25, para mellora do servicio eléctrico nos lugares de Vilares, Mato e Buriz, no concello de Guitiriz.

Orzamento: 15.000.000 de pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións coiden oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir da publicación desta resolución.

Lugo, 28 de xuño de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-5183