Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Luns, 11 de setembro de 1995 Páx. 6.898

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (254/1993).

Rosa Tesouro Cid, oficial en funcións de secretaria, no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela.

Fago saber que, nos autos de xuízo de cognición número 254/1993 seguidos neste xulgado, recaeu sentencia, cun encabezamento e resolución do teor literal seguinte:

«En Santiago de Compostela, o vintecatro de maio de 1995. Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres dos de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos de xuízo de cognición 254/1993, promovidos a pedimento de Antonio Fernández Durán, S.L. e, na súa representación, o procurador dos tribunais Regueiro Muñoz, contra Ángel González Solla, representado pola procuradora Sánchez Silva e contra Todolar S.L., en situación procesual de rebeldía.

Decido que debo admitir e admito a demanda deducida polo procurador Regueiro Muñoz en nome e representación da entidade Antonio Fernández Durán, S.L. contra Ángel González Solla representado pola procuradora Sánchez Silva e contra a entidade Todolar S.L. e, en consecuencia, declaro resolto o contrato de arrendamento do baixo da casa nº 1 da rúa Xeneral Pardiñas desta cidade de Santiago de Compostela, concertado entre a actora e o demandado Ángel González Solla o 25 de febreiro de 1982; e condeno os demandados a que o recoñezan así e deixen libre e a disposición da actora o referido baixo, dentro do prazo establecido, todo iso con expresa imposición de custas ós demandados.

Contra esta sentencia cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de cinco días a partir da súa notificación. Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Publicado no mesmo día da súa data».

E, para que así conste e lle sirva de notificación en forma ó demandado en situación procesual de rebeldía Todolar S.L., expido o presente en Santiago de Compostela o vintetrés de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

A secretaria en funcións

Rubricado

5762