Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Luns, 11 de setembro de 1995 Páx. 6.897

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (33/1993).

Fco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela.

Fago saber: que neste xulgado se seguen autos de procedemento xuízo executivo, baixo o número 33/1993, a pedimento de Banco Bilbao-Vizcaya, S.A., representado polo procurador García-Piccoli contra José María Romero Sanmartín, representado polo procurador Cuns Núñez, nos cales se acordou sacar a pública poxa, por temo de vinte días, os bens que logo se dirán, coas condicións seguintes:

Primeira.-Sinalouse para que teña lugar o remate da primeira poxa o vindeiro día 2 de novembro, ás 13 horas, na sala de audiencia deste xulgado, polo tipo de 33.840.000 pesetas.

Segunda.-Para o suposto de que resultase deserta a primeira, sinalouse para a segunda poxa o próximo día 28 de novembro, ás 13 horas, na sala de audiencia deste xulgado, coa rebaixa do 25% do tipo que o foi para a primeira.

Terceira.-Se resultase deserta a segunda, sinalouse para a terceira poxa o próximo día 28 de decembro, ás 13 horas, na sala de audiencia deste xulgado, sen suxeición a tipo.

Cuarta.-Nas poxas primeira e segunda non se admitirán ofertas que non cubran o tipo correspondente.

Quinta.-Para tomar parte en calquera das tres poxas, tódolos licitadores -agás o acredor demandante- deberán consignar previamente o 20% do tipo para seren admitidos a licitación, e calcularase esta cantidade na terceira poxa respecto do tipo da segunda, suma que deberá consignarse na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, aberta no banco Bilbao-Vizcaya, S.A., oficina principal desta cidade, e deberán facilita-lo número do expediente ou procedemento seguinte: 1584-17-0026/1993, presentando o resgardo de ingreso.

Sexta.-Os títulos de propiedade dos inmobles poxados atópanse suplidos polas correspondentes certificacións rexistrais, que constan en autos, de manifesto na secretaría do xulgado, para que poidan examinalos os que desexen tomar parte na poxa, e entenderase que todo licitador os acepta como bastante, sen que poida esixir ningún outro, e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes ó crédito do demandante, se os houber, continuarán subsistentes e sen cancelar, e entenderase que o adxudicatario os acepta e queda subrogado na necesidade de satisfacelos, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

Sétima.-Poderán facerse ofertas en prego pechado.

Oitava.-No caso de que tivese que suspenderse calquera das tres poxas, trasládase a súa celebración á mesma hora para o día seguinte hábil dentro da semana na que se sinalase a poxa suspendida.

Novena.-Devolveranse as consignacións efectuadas polos participantes á poxa, agás a que corresponda ó mellor ofertante, que se reservará en depósito como garantía do cumprimento da obriga e, se é o caso, como parte do prezo da venda.

Décima.-De se pedir polo acredor, ata o mesmo momento da celebración da poxa, tamén poderán reservarse en depósito as consignacións dos participantes que así o acepten e que cubrisen coas súas ofertas os prezos da poxa, por se o primeiro adxudicatario non cumprise coa súa obriga e desexasen aproveita-lo remate os outros ofertantes e sempre pola orde delas.

Décimo primeira.-O sinalamento do lugar, día e hora para o remate notificaráselle ó debedor no predio ou predios poxados e, se é o caso, a publicación dos presentes edictos serve como notificación dos sinalamentos.

Bens obxecto de poxa.

-Vivenda letra D da quinta planta alta dunha casa con frontes á praza de Vigo e rúas Santiago de Chile e Alférez Provisional desta cidade de Santiago de Compostela. Ten unha superficie útil aproximada de 114 metros cadrados. Ten anexo o rocho número 15. Inscrita no Rexistro da Propiedade número dous de Santiago de Compostela, tomo 944, libro 577, folio 099, predio número 42.382.

Valorada en...20.520.000 pesetas

-Vivenda letra E da quinta planta alta dunha casa con frontes á praza de Vigo e rúas Santiago de Chile e Alférez Provisional desta cidade de Santiago de Com

postela. Ten unha superficie útil aproximada de 72 metros cadrados. Inscrita no Rexistro da Propiedade número dous de Santiago de Compostela, tomo 944, libro 577, folio 101, predio número 42.383.

Valorada en...13.320.000 pesetas.

Total valoración...33.840.000 pesetas

Dado en Santiago de Compostela o vintetrés de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

4975