Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Luns, 11 de setembro de 1995 Páx. 6.889

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Círculo Cultural Mercantil e Industrial de Vigo (ciudad deportiva).

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Círculo Cultural Mercantil e Industrial de Vigo (ciudad deportiva), da provincia de Pontevedra que tivo entrada nesta delegación provincial o día 30-5-1995, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social polos delegados de persoal, en data 18-11-1994. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980 do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, a delegación da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da provincia de Pontevedra,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación, no BOP e no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Vigo, once de xullo de mil novecentos noventa e cinco.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo de traballo da empresa Círculo Cultural Mercantil e Industrial de Vigo para os traballadores da súa cidade deportiva, situada no concello de Mos (Pontevedra) para os anos 1994-1995.

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O presente convenio colectivo será de aplicación ás relacións laborais da empresa Círculo Cultural Mercantil e Industrial de Vigo, e afecta concretamente o persoal adscrito ás instalacións da cidade deportiva que esta entidade ten no concello de Mos.

Artigo 2º.-Ámbito funcional.

O convenio regula as relacións de traballo nos locais e instalacións da cidade deportiva da sociedade Cír

culo Cultural Mercantil e Industrial de Vigo, no expresado ámbito territorial.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

Rexeranse polo presente convenio cantas persoas achegen un esforzo intelectual ou físico á execución das funcións propias dalgún dos oficios ou categorías profesionais que neste convenio se definan, percibindo emolumentos polo cometido realizado e que estean ligados, mediante relación xurídico-laboral de dependencia, coa empresa durante a vixencia do convenio.

Artigo 4º.-Vixencia e duración.

Con independencia da data de publicación no BOP deste convenio, a súa duración establécese por dous anos, desde o primeiro de xaneiro de 1994 ó trinta e un de decembro de 1995.

Os efectos retroactivos a que se refire o parágrafo anterior non lle serán de aplicación ó persoal a quen se lle extinguise o contrato, por calquera causa, antes da data de publicación deste convenio.

Aritgo 5º.-Denuncia.

A denuncia na que se propoña a revisión do presente convenio deberase presentar cunha anticipación mínima de un mes á data de expiración do prazo de vixencia ou de calquera das súas prórrogas anuais, se non fose denunciado na súa vixencia orixinaria.

Artigo 6º.-Salarios.

Na táboa salarial anexa especifícanse os salarios base correspondentes a cada categoría profesional, incrementados nun 3% sobre os vixentes no anterior convenio, para o ano 1994. Sobre o complemento de utensilios ou roupa de traballo aplicaranse tamén as mesmas porcentaxes de aumento para tódolos traballadores que o perciban.

Durante o ano 1995 os traballadores percibirán sobre os salarios base correspondentes a cada categoría profesional e a antigüidade exclusivamente, un incremento do 3,5%, eqivalente á previsión do IPC, garantindo, en todo caso a empresa o aboamento do IPC real do ano, polo que, se houber diferencia, en máis ou en menos, aplicaríase a súa regularización tan pronto se coñecese o IPC definitivo de 1995.

Artigo 7º.-Xornada de traballo.

A duración máxima da xornada de traballo ordinaria será de corenta horas de traballo efectivo na semana.

Artigo 8º.-Realización de funcións distintas ás propias.

O persoal afectado por este convenio poderá ser destinado, con carácter provisional, á realización de funcións distintas ás súas específicas, sempre e cando non supoña perda de categoría profesional ou desdouro dela, nin diminución da retribución.

Artigo 9º.-Licencias.

O persoal terá dereito a que se lle conceda permiso, con percepción dos salarios correspondentes, no seguintes casos e polos tempos que se expresan:

1. Por casamento do traballador quince días.

2. Por casamento de pais, fillos, irmáns e tíos, directos ou políticos, un día se ten lugar na mesma provincia e tres días se se celebra noutra distinta.

3. Por parto da esposa, cinco días se reside na mesma localidade do centro de traballo e sete días se reside en localidade diferente.

4. Por falecemento do cónxuxe, pais e fillos concederanse cinco días, que se ampliarán a nove cando teña lugar fóra da rexión e o productor se desprazase ó lugar do óbito.

5. Na continxencia de enfermidade grave do cónxuxe, pais ou fillos, oito días. Se fose necesario o internamento de calquera deles fóra da provincia, a licencia estenderase polo tempo necesario, establecéndose como tope máximo trinta días.

6. Por falecemento ou enfermidade grave de irmáns, avós ou pais políticos, dous días dentro da provincia e cinco días fóra dela, sempre e cando o traballador efectúe o desprazamento.

7. Por falecemento de irmáns políticos, avós políticos, sobriños, tíos e primos directos:

a) Un día se falece dentro da provincia.

b) Dous días se falece fóra da provincia e dentro da rexión.

c) Tres días se acontece a máis de 500 quilómetros de distancia e o traballador se despraza ó lugar de falecemento.

8. Por traslado de domicilio, dous días.

9. Os traballadores terán dereito a licencia non retribuída de tres días naturais ó ano, por necesidade de atender asuntos persoais. Tamén poderá o traballador desconta-los ditos días do seu período vacacional, ben entendido que nin nun caso nin no outro se poderá prexudica-lo funcionamento do traballo encomendado ó productor da empresa.

Os casos particulares serán estudiados pola dirección segundo mellor proceda.

A empresa poderá requirir xustificantes ou probas suficientes ó seu xuízo, sobre a veracidade da causa que orixina a licencia de que se trate.

O período de vacacións para todo o persoal afectado consistirá en trinta días naturais ó ano, que non poderá ser desfrutado entre o 1 de xuño e o 30 de setembro, por seren os meses de maior actividade na cidade deportiva da sociedade. Deberanse fixa-lo día e mes de vacacións para cada empregado.

Artigo 11º.-Antigüidade.

Sobre os salarios base que figuran na táboa salarial anexa calcularase a antigüidade correspondente.

A dita antigüidade contarase a partir do ingreso na empresa, sen que o ascenso de categoría supoña perda da adquirida.

A escala que se aplicará será a seguinte:

1. Un cinco por cento ó cumpri-los tres anos de servicio efectivo na empresa.

2. Un doce por cento ó cumpri-los seis anos.

3. Un vintedous por cento ó cumpri-los nove anos.

4. Un vintecinco por cento ó cumpri-los doce anos.

5. Un corenta por cento ó cumpri-los dezaseis anos.

6. Un cincuenta e cinco por cento ós vinteún anos.

7. Un sesenta por cento ó cumpri-los vintecinco anos, como tope máximo.

Aqueles traballadores ós cales, durante a vixencia do presente convenio, lles corresponda percibir incrementos por antigüidade, a porcentaxe do incremento que polo dito concepto lles corresponda será absorbido da base de 5.000 pesetas en concepto de utensilios e roupa, minorando, en consecuencia, a percepción deste último concepto.

Artigo 12º.-Gratificacións.

Por este concepto o persoal percibirá as seguintes gratificacións extraordinarias:

O 25 de xullo, trinta días de salario.

No Nadal, trinta días de salario.

Na primeira quincena de marzo, trinta días de salario.

Na primeira quincena de outubro, trinta días de salario.

Nestas pagas non se computarán o plus de puntualidade e asistencia nin o de transporte.

Artigo 13º.-Bolsa de vacacións.

Todo o persoal que preste os seus servicios nesta empresa e no ámbito que ampara este convenio terá dereito a percibir unha bolsa de vacacións valorada en 8.761 pesetas, que se fará efectiva xunto coa paga extraordinaria do mes de xullo.

Artigo 14º.-Baixas por enfermidade.

Os traballadores afectados por este convenio percibirán da empresa, durante o tempo que estean dados de baixa, por enfermidade común ou accidente de traballo, e sempre que leven na empresa un mínimo de seis meses, o complemento necesario durante un período máximo de doce meses para que, computando o que perciba con cargo á Seguridade Social, alcance o cento por cento do salario real, entendéndose polo mesmo o salario base máis tódolos complementos retributivos, a excepción dos pluses de transporte e de puntualidade e asistencia.

Co fin de evitar no posible o absentismo laboral, os primeiros 15 días de baixa por enfermidade común ou profesional, así como a producida por accidente, só se percibirán de acordo co establecido na ordenanza laboral para a industria de hostelería ou por calquera disposición de categoría superior, exceptuándose cando a baixa sexa por internamento ou hospitalización, casos nos que se aboará o cento por cento desde o primeiro día.

Artigo 15º.-Absorción.

Os aumentos concedidos polo presente convenio absorberán os que, por imperativo legal, se impuxesen posteriormente durante a súa vixencia.

Artigo 16º.-Plus de asistencia e puntualidade.

Establécese un plus de asistencia e puntualidade de 189 pesetas por día efectivo de traballo.

As faltas que se aplicarán con respecto a este plus son as seguintes:

1. A primeira falta de asistencia suporá a perda do 50% do total mensual do plus e a seguinte a súa perda total.

2. Unha falta de rexistro de reloxo equivalerá a unha falta de asistencia.

3. Tres faltas de puntualidade equivalerán a unha falta de asistencia.

Artigo 17º.-Plus de transporte.

Establécese con carácter xeral para todo o persoal un plus de transporte equivalente ó importe de billete de autobús urbano, en ida e volta, por cada asistencia ó centro de traballo dentro do mesmo día.

Artigo 18º. Tendo a consideración de bases mínimas as establecidas neste convenio, serán respectadas as condicións máis beneficiosas xa concedidas ó persoal.

Artigo 19º.-Roupa de traballo.

A empresa, tendo en conta a estética, boa presencia e desempeño do traballo nas súas distintas facetas, facilitará, unha ou dúas veces ó ano, a roupa e utensilios necesarios ós traballadores para a digna realización dos seus cometidos, esixíndose en todo momento o bo trato da dita roupa por parte do persoal, quen responderá do coidado das que reciba.

Artigo 20º.-Horas extras.

Tódalas horas extras que acepte realiza-lo persoal por conveniencia do servicio, tanto diúrnas como nocturnas, en días festivos ou domingos, serán aboadas a razón de 1.195 pesetas cada unha.

Artigo 21º.-Axuda escolar.

Establécese un plus de axuda escolar, que percibirán tódolos traballadores da empresa sen distinción de actividades nin categorías, para todos aqueles que teñan fillos/as en idade escolar, distribuído do seguinte xeito:

1. Por cada fillo en nivel preescolar 7.226 pesetas anuais.

2. Por cada fillo en nivel de EXB 11.055 pesetas anuais.

3. Por cada fillo en niveis de BUP, FP e COU 22.050 pesetas.

4. Por cada fillo que curse estudios en universidades ou colexios universitarios 37.630 pesetas anuais.

Os importes correspondentes serán aboados pola empresa no mes de setembro de cada ano, ou cando os traballadores acrediten debidamente as matriculacións dos seus fillos.

Artigo 22º.-Réxime disciplinario.

Por falta de puntualidade, para os efectos da causa de despedimento consignada no parágrafo a) número

dous, artigo 54 do Estatuto dos traballadores, Lei 8/1980, entenderase o atraso inxustificado de 15 minutos ou máis, producido cinco veces en un mes ou dez na tempada.

Para os mesmos efectos entenderase por non asistencia tres faltas en un mes ou seis na tempada.

Artigo 23º.-Seguro de accidentes.

A empresa concertará cunha compañía de seguros, que se determinará de mutuo acordo, un seguro de accidentes polas 24 horas do día coas seguintes indemnizacións:

Falecemento por accidente un millón de pesetas.

Invalidez por accidente dous millóns de pesetas.

Estas primas enténdense para tódolos traballadores da empresa. O seu importe será percibido polos lexítimos herdeiros do traballador ou por el mesmo en caso de invalidez.

Artigo 24º.-Servicio militar.

Ó persoal que leve un mínimo de dous anos ó servicio da empresa, esta aboaralle, ó incorporarse ó servicio militar obrigatorio ou durante o transcurso deste, o importe das pagas extraordinarias completas de xullo e Nadal.

Artigo 25º.-Premio de xubilación.

Ós traballadores que cesen na empresa por xubilación ou por pasaren á situación de invalidez permanente, sempre que teñan máis de cinco anos continuados de vinculación á empresa, esta aboarálle-lo equivalente a dúas mensualidades de salario real. Se levase máis de dez anos aboaralles catro mensualidades. A tódolos que leven máis de quince anos vinculados á empresa aboaránselles seis mensualidades.

En todo caso, os traballadores que se xubilen nos próximos cinco anos, e concretamente ata o 31 de decembro de 1997, terán dereito á percepción dos premios citados no seu 50%, aplicándose ó cento por cento a normativa destes premios a partir do 1 de xaneiro de 1998.

Estes premios percibiraos o cónxuxe se o traballador falecese antes de xubilarse e tivese cumpridos os 55 anos, ou se levase máis de dez anos ininterrompidos ó servicio da empresa no momento do seu falecemento. No seu defecto este premio será percibido polos orfos menores de 18 anos ou de máis idade se estivesen incapacitados para o traballo.

Artigo 26º.-Comisión mixta paritaria.

Como órgano de interpretación, conciliación, arbitraxe e vixilancia do presente convenio créase unha comisión mixta paritaria, que estará integrada por tantos vocais titulares representantes dos traballadores como da empresa estean nomeados para a negociación deste convenio.

A función desta comisión é a que vén dictada no artigo 18 da vixente Lei de convenios colectivos sindicais.

Artigo 27º.-Disposición transitoria.

Cumprindo o pactado, que se recolle no artigo 25 do convenio asinado para o ano 1992, e como resultado dos estudios e reunións levados a cabo conxuntamente para establecer un plan de equiparación laboral e conómica entre o persoal da cidade deportiva e o da sede central desta empresa, acórdase:

Que a dita equiparación sexa asumida en seis anualidades, proporcionalmente, sendo de aplicación a primeira delas no convenio de 1993, determinándose as diferencias salariais e outras percepcións, así como aplicándose as modificacións requiridas no seu texto.

Como anexo primeiro inclúese unha táboa de equiparación salarial, onde se deixa determinado o alcance das diferencias económicas que se aplicarán neste ano de 1994 e en 1995, de forma proporcional, como segundo e terceiro ano de aplicación de equiparación entre ámbalas sedes, pactado para levar a cabo no prazo máximo de seis anos.

Artigo 28º.-Mesa negociadora.

Co fin de cumpir debidamente o establecido no Estatuto dos traballadores, artigo 85, alínea a), faise cons

tar no texto deste convenio a composición da mesa negociadora, que foi a seguinte:

Por parte da empresa:

Emiliano Pérez Varela, vicepresidente primeiro da xunta directiva.

Modesto González da Vila, vocal da xunta directiva

Saturnino Paniagua González, vocal da xunta directiva

Enrique Blanco Fernández, director-xerente

Por parte dos traballadores:

José Vila Ramilo, delegado de persoal

Francisco Lugo Cancelas

Antonio Campo Fernández

Pilar Davila Vila

Actuou como secretario:

Enrique Blanco Fernández, director-xerente.

95-05761