Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Venres, 08 de setembro de 1995 Páx. 6.886

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 21 de agosto de 1995 pola que se anuncia concurso para a construcción dun polideportivo en San Amaro.

Obxecto: construcción dun polideportivo en San Amaro (Ref. 095/83).

Orzamento: 172.499.995 pesetas, IVE incluído.

Garantías: provisional, 3.450.000 pesetas; definitiva, 4% do orzamento.

Clasificación esixida: grupo C, edificacións.

Modelo de proposición: as proposicións económicas axustaranse ó seguinte modelo:

Don/Dona..., veciño/a de..., con domicilio en... provisto/a de DNI número..., en representación de..., con domicilio en... (ou en nome propio), informado/a do anuncio do concurso para a contratación das obras comprendidas no proxecto de construcción dun polideportivo en San Amaro e dos pregos de condicións que o regulan, que acepto integramente e me comprometo a acatar, formulo proposición optando a adxudicación polo prezo de... pesetas (IVE incluído) e no prazo de...

En proba de aceptación de tales compromisos deixo asegurada esta proposición co depósito previo esixido, como xustifico co resgardo que achego.

Data e sinatura do propoñente.

Presentación de proposicións: presentaranse en tres sobres pechados (A) Oferta económica; B) Documentación administrativa e C) Referencias técnicas) no rexistro xeral de entrada deste concello, en man ou por correo, no prazo de vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia, en horas de nove a trece. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

Prego de condicións: poderanse examinar e retirar copia na Unidade de Obras e Concesións, 2º andar no Pazo Municipal, Praza de María Pita, número 1, 15001 A Coruña.

A Coruña, 21 de agosto de 1995.

O alcalde

Rubricado

95-5741