Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Venres, 08 de setembro de 1995 Páx. 6.886

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de exposición pública do proxecto de urbanización do E.D. IV-05 Pino.

Aprobado inicialmente polo Concello Pleno, con data 4 de agosto de 1995, o proxecto de urbanización do E.D. IV-05 Pino (3916/401), redactado polos arquitectos Cordeiro Rodríguez, Davila Alonso, Jiménez López, Leboreiro Amaro e Meijide Rico, con visados do COAG do 10 de maio e 12 de xullo de 1995, e fáiselles constar ós promotores que para o desenvolvemento das obras deberán solicita-lo permiso do MOPTMA, toda vez que un muro construído durante a apertura da vía que vén do nó Isaac Peral está afectado polo proxecto; sométese a información pública polo prazo de quince días hábiles con anuncios no Diario Oficial de Galicia, BOP, Faro de Vigo e taboleiro de anuncios da Casa do Concello, con notificacións individuais.

O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate dos quince días, contados desde o día seguinte ó do derradeiro anuncio.

De non presentarse alegacións durante a exposición pública, o proxecto, automaticamente, considerarase aprobado definitivamente.

O que se fai público para xeral coñecemento, significando que a documentación se atopa na oficina municipal de información para exame e alegacións.

Vigo, 18 de agosto de 1995.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

Novos números de teléfono do Diario Oficial de Galicia

Teléfonos: 544268 - 544270

Fax: 544272 - 544273

AVISO PARA OS ANUNCIANTES

PREZOS PARA A PUBLICACIÓN DE ANUNCIOS

NO DOG A PARTIR DO 1 DE XANEIRO DE 1995

(Decreto 335/1994, do 3 de novembro,

DOG do 10 do mesmo mes)

-Tramitación ordinaria: 300 pesetas/liña de 54 espacios.

-Tramitación urxente: 600 pesetas/liña de 54 espacios.