Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Venres, 08 de setembro de 1995 Páx. 6.885

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 31 de agosto de 1995 pola que se anuncia concurso público, con intervención de xurado, de acordo co disposto no artigo 216 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, para a adxudicación do traballo de redacción dun proxecto de obra correspondente a un edificio de oficinas para a ampliación do rectorado da Universidade de Vigo (expediente número 305/1995).

O rector, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar concurso público, con intervención de xurado, procedemento aberto, para a adxudicación do traballo que a continuación se indica:

Obxecto: redacción dun proxecto de obra correspondente a un edificio de oficinas para a ampliación do rectorado da Universidade de Vigo (expediente número 305/1995).

Licitadores: persoas físicas ou xurídicas que reúnan os requisitos esixidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

Prego de condicións: os interesados poderán examinar e recolle-los pregos no Servicio de Xestión Económica e Contratación da Universidade de Vigo, rúa Oporto, 1-2º andar, C.P. 36201 Vigo (Pontevedra), logo de xustificación do pagamento de 2.500 pesetas en concepto de gastos na conta número 2080.0000 74.0040225994 de Caixavigo, oficina principal. Na xustificación farase consta-lo concepto de aboamento.

Garantías: as indicadas no prego de cláusulas administrativas.

Criterios de elección:

-Calidade da obra arquitectónica.

-Valor conceptual arquitectónico das propostas.

-Grao de innovación e aportación á cultura arquitectónica.

-Valores de integración da obra no medio.

-Valor arquitectónico en canto á resposta ós requirimentos programáticos.

Lugar de presentación de ofertas: as propostas presentaranse no rexistro xeral da Universidade de Vigo, rúa Oporto, 1-planta baixa, C.P. 36201 Vigo (Pontevedra), de 9 ás 14 horas de luns a venres e de 9 ata as 13 horas os sábados, dirixidas ó presidente da mesa de contratación.

Prazo de presentación: o prazo límite para a recepción das ofertas comezará o día seguinte ó da publicación da presente resolución no BOE e rematará o 14 de outubro de 1995 ás 13 horas.

Documentación que presentarán os licitadores: a especificada no prego de cláusulas administrativas.

O importe deste anuncio correrá a cargo do adxudicatario do proxecto.

Vigo, 31 de agosto de 1995.

Resolución 13-3-1995

José Pose Blanco

Vicerrector de Economía

95-5740