Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Venres, 08 de setembro de 1995 Páx. 6.884

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 31 de agosto de 1995 pola que se anuncia concurso público, procedemento aberto, mediante tramitación urxente, para contrata-la subministración de dotación de equipamento e instalación para as cafeterías que se indican (expediente número 036/1995).

O rector, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar concurso público, procedemento aberto, da subministración que a continuación se indica:

Obxecto: dotación de equipamento e instalación para as cafeterías (expediente número 036/1995) que se indican:

Lote 1: E.U. de Estudios Empresariais de Vigo.

Lote 2: Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

Lote 3: edificio da E.U. de Enxeñería Técnica e Informática de Xestión de Ourense.

Orzamento de licitación da totalidade dos lotes: 23.934.765 pesetas, IVE incluído.

Garantías: provisional, 2% do importe de licitación correspondente ó lote/s a que se concurra. Definitiva,

4% do importe de licitación correspondente ó lote/s dos que resulte adxudicatario.

Prazo de entrega: vinte días según o indicado no prego de cláusulas.

Prego de condicións: os interesados poderán consultalos, ou solicita-lo seu envío por correo ó Servicio de Xestión Económica e Contratación da Universidade de Vigo, rúa Oporto, 1-2º andar, C.P. 36201 Vigo (Pontevedra), de 9 a 14 horas de luns a venres.

Lugar de presentación: as propostas presentaranse no rexistro xeral da Universidade de Vigo, rúa Oporto, 1-planta baixa, C.P. 36201 Vigo (Pontevedra), de 9 ás 14 horas de luns a venres e de 9 ata as 13 horas ós sábados.

Prazo de presentación: o prazo límite para a recepción de ofertas, comezará o día seguinte ó da publicación deste anincio no DOG, e rematará ó décimo terceiro día natural ás 14 horas ou ás 13 horas en caso de coincidir en sábado.

Documentación que presentarán os licitadores: a especificada no prego de cláusulas administrativas.

Apertura de ofertas: terá lugar na sala de xuntas do rectorado, rúa Oporto, 1, Vigo (Pontevedra) ás once horas do segundo día hábil seguinte á data límite de presentación de propostas (no caso de cadrar en sábado terá lugar o día hábil seguinte).

Acreditación da capacidade de obrar e das condicións mínimas de solvencia económica, financeira e técnica polo licitador:

-Capacidade de obrar: acreditarase de acordo co disposto no prego de cláusulas.

-Solvencia económica e financeira: poderá acreditarse por un ou varios dos medios seguintes: informe de institucións financeiras ou, se é o caso, xustificante da existencia dun seguro de indemnización por riscos profesionais, declaración sobre a cifra global de negocios e das subministracións, servicios ou traballos realizados pola empresa no curso dos tres últimos exercicios. Tratándose de sociedades, presentación de balances ou extractos de balances se a súa publicación é obrigatoria no Estado onde estean establecidos.

-Solvencia técnica: mostras, descricións e fotografía dos productos a subministrar. Relación das principais subministracións efectuadas durante os tres últimos anos, o seu importe, datas e destino público ou privado, incorporando os correspondentes certificados das mesmas.

Información adicional: o prazo mínimo de garantía dos bens a subministrar fíxase en un ano. Non se admitirán variantes ou alternativas.

O importe desta anuncio correrá a cargo da/s empresa/s adxudicataria/s.

O rector da Universidade de Vigo

Rubricado

95-5866