Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Mércores, 06 de setembro de 1995 Páx. 6.838

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 31 de xullo de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución de expedientes sancionadores (P-275/1994 e dous máis) (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a proposta de resolución por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o

Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados, no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5ª planta, e presentar ante o instructor as alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 31 de xullo de 1995.

Pilar Pita Ponte

Instructora

ANEXO

-Expediente-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

P-274/1995Miguel Ruibal Pose

Poblado de celulosas, 19

Mollabao-Pontevedra

Verter ás augas e nas súas inmediación residuos sólidos urbanos, no río Aguedelo, lugar do Areal, do Concello de Barro. O día 2.12.1995.Art. 34.21º e 35.10º, da Lei 7/1992 de pesca fluvial.Art. 34 e 35 da Lei 7/1992 de pesca fluvial.2.500.000 ptas. a pagar conxuntamente con dous denunciados no expte. e inh. para obte-la licencia de pesca en 1 ano e 1 día.

P-274/1995Santiago Fdez. Bacariza

Poblado de celulosas, 19

Mollabao-Pontevedra

Verter ás augas e nas súas inmediacións residuaos sólidos urbanos, no río Aguedelo, lugar do Areal, do Concello de Barro. O día 1.12.1994.Art. 34.21º e 35.10º, da Lei 7/1992 de pesca fluvialArt. 34 e 35 da lei 7/1992 de pesca fluvial2.500.000 ptas. a pagar conxuntamente con dous denunciados no expte. e inh. para obte-la lic. de pesca en 1 ano e 1 día.

P-62/1995Santiago Feez. Bacariza

r/ Outeiro, Vilaboa.

Verter lixo e escombros na beira do río Agudelo formando entullos, no río Agudelo. O día 2.12.1994Art. 34.21º e 35.10º, da Lei 7/1992 de pesca fluvialArt. 34 e 35 da Lei 7/1992 de pesca fluvial2.500.000 ptas. a pagar conxuntamente con dous denunciados no expte. e inh. para obte-la lic de pesca en 1 ano e 1 día.

P-213/1995Severino López Vidal

Herbón-Padrón

Pescar sen licencia estando inhabilitado, o día 4.5.1995, no río Ulla.Art. 35.17º, da Lei 7/1992 de pesca fluvial.Art. 34 e 35 da Lei 7/1992 de pesca fluvial500.001 ptas. e inh. para obte-la licencia de pesca durante 1 ano e 1 día

5722