Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Mércores, 06 de setembro de 1995 Páx. 6.837

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 31 de xullo de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución de expedientes sancionadores (E.N. 44/1994 e E.N. 4/1995) (espacios naturais-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a proposta de resolución por infracción da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación de espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados, no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5ª planta, e presentar ante o instructor as alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 31 de xullo de 1995.

Pilar Pita Ponte

Instructora

ANEXO

-Expediente-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

EN 44/1994Carlos Ramos Doce

Fontáns, 59

Sta. Mª de Xeve (Pontevedra)

Venda de ramos de acivro no interior do mercado municipal do Progreso (Vigo). O día 21.12.1994.Art. 38.13º da Lei 4/1989, en relación coa orde do 10.12.1984 da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.Art. 39 da Lei 4/1989.10.000 ptas.

EN 4/1995Ramón Ricoy García

Fragas-Laxe

Campo Lameiro

Vertidos de residuos de cemento mesturado con grava, nas dunas das marismas do Bao. O día 4.1.1995.Art. 38.1º da Lei 4/1989Art. 39 da Lei 4/1989.10.000 ptas

5728