Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Mércores, 06 de setembro de 1995 Páx. 6.834

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto de explotación da canteira denominada Prieto I, sita no concello de Samos.

A Delegación Provincial de Lugo fai saber que a Dirección Xeral de Industria decidiu que o proxecto de explotación da canteira denominada Prieto I, sita nos lugares de San Cristovo, Campos, Castrelo, Gundriz e outros do concello de Samos promovido pola sociedade Pizarras Prieto, S.L., fose sometido ó Decre

to 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia.

En cumprimento do establecido no artigo 5, apartado 2º do referido decreto,

RESOLVO:

Primeiro.-Someter, polo prazo de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución, a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto de explotación da canteira denominada Prieto I, sita nos lugares de San Cristovo, Campos, Castrelo, Grundiz e outros do concello de Samos, promovido pola sociedade Pizarras Prieto, S.L.

Segundo.-O estudio de impacto ambiental expoñerase ó público nesta delegación provincial, logo de anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro.-As alegacións formularanse, durante o dito prazo de trinta días hábiles, ante esta delegación provincial.

Lugo, 4 de agosto de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

9505751