Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Mércores, 06 de setembro de 1995 Páx. 6.835

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 1995 pola que se convoca o levantamento de actas previas á ocupación de predios afectados polo ramal e rede de distribución de gas natural para usos industriais en Lugo.

Por resolución da Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio do 27 de xullo de 1995 foi aprobado o proxecto de execución e autorizada a instalación do ramal e rede de distribución de gas natural para usos industriais en Lugo. Declarada a utilidade pública e a urxente ocupación de conformidade co disposto no artigo 10 da Lei 10/1987, do 15 de xuño, de disposicións básicas para un desenvolvemento coordinado de actuacións en materia de combustibles gasosos, procede a iniciación do procedemento expropiatorio.

Na súa virtude, esta delegación provincial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados para que comparezan nas casas dos concellos onde están localizados os predios afectados como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que establece o citado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación e, se procede, o das de ocupación definitiva.

Tódolos interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados por persoa debidamente autorizada, aportando os documentos acreditativos da súa titularidade e o último recibo da contribución, podéndose acompañar dos seus peritos e un notario, se o estiman oportuno, cos gastos á súa custa.

Os levantamentos terán lugar os vindeiros días 18, 19, 20 e 21 de setembro en Begonte; 21, 22, 26, 26 e 27 de setembro en Vilalba; 28 e 29 de setembro e 2 e 3 de outubro en Outeiro de Rei; 4 de outubro en Rábade e 9, 10, 11, 16 e 17 de outubro en Lugo.

Desta convocatoria daráselle traslado a cada interesado mediante a oportuna cédula de citación individual, significándose que esta publicación se realiza, igualmente, para os efectos que determina o artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, nos casos de titular descoñecido, segundo se relaciona no anexo.

No expediente expropiatorio Enagás, S.A. asumirá a condición de beneficiaria.

Lugo, 18 de agosto de 1995.

P.A.

José Estévez López

Xefe do Servicio de Xestión

ANEXO

RELACIÓN DE TITULARES DESCOÑECIDOS

Termo municipal de Lugo.

Titular: descoñecido.

Predio/sSP

(ML)

OT

(M)

Polig.ParcelaNaturezaDía/Hora

LU-LU-4315604588Pasteiro17-10-95/10
LU-LU-5477204589Pasteiro17-10-95/10
LU-LU-74/1 0 153856Prado17-10-95/10

Termo municipal de Outeiro de Rei.

Titular: descoñecido.

Predio/sSP

(ML)OT

(M)Polig.ParcelaNaturezaDía/Hora

LU-OT-512532525195M. baixo3-10-95/10

LU-OT-521010025194M. baixo3-10-95/10

LU-OT-144 811061542M. baixo3-10-95/10

LU-OT-150 5 7061136M. baixo3-10-95/10

LU-OT-1772533063417M. baixo3-10-95/10

Termo municipal de Vilalba.

Titular: descoñecido.

Predio/sSP

(ML)OT

(M)Polig.ParcelaNaturezaDía/Hora

LU-VI-1500 0 25 67216M. baixo27-9-95/10

LU-VI-157910 40 83317M. baixo27-9-95/10

LU-VI-1580 0160 83317M. baixo27-9-95/10

LU-VI-163318240128318Prado27-9-95/10

5852