Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Mércores, 06 de setembro de 1995 Páx. 6.834

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación de solicitude de permiso de investigación Penarredonda no concello de Lalín, por parte de Manuel Riádigos García.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra, fai saber que Manuel Riádigos García, con domicilio na r/ Corpiño, Lalín, presentou nesta delegación provincial o día 27-4-1994, instancia-solicitude do permiso de investigación Penarredonda, de 63 cuadrículas mineiras para granito ornamental, que se sitúa no termo municipal de Lalín, da provincia de Pontevedra, e que lle correspondeu o número 2673 da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

LONXITUDELATITUDE

Vértice 18º 08' 00''42º 43' 00''
Vértice 28º 11' 00''42º 43' 00''
Vértice 38º 11' 00''42º 45' 20''
Vértice 48º 08' 00''42º 45' 20''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiro.

O que se fai público para que calquera que se considere interesado interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial; pasado o dito prazo non se admitirá oposición ningunha.

Pontevedra, 3 de agosto de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

9505698