Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Mércores, 06 de setembro de 1995 Páx. 6.834

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de xullo 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4340 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., rúa Sáenz Díez, 95, Ourense.

Finalidade: mellorar infraestructura eléctrica da zona.

Orixe da liña: L.M.T. a C.T. de Lampaza e L.M.T. a C.T. de Doade.

Final: C.T. de Doade e C.T. de Castro.

Situación do transformador: Doade e Castro.

Características: liñas de media tensión aéreas a 20 kV, con lonxitudes de 178 e 118 metros, con conductores LA-56/54,6 mm Al, con postes de formigón. Dous centros de transformación tipo intemperie de 100 e 50 kVA 20.000/380-220 V. Redes de baixa tensión de 2.170 e 240 metros de lonxitude, con conductores R.Z.-95-50-25, para mellora do servicio eléctrico nos lugares de Doade e Castro, no concello de Sober.

Orzamento: 11.900.000 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións coiden oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir do da publicación desta resolución.

Lugo, 7 de xullo de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

9505674