Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Martes, 05 de setembro de 1995 Páx. 6.811

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (280/1988).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela.

Fago saber: que neste xulgado se seguen autos de procedemento xuízo executivo baixo o número 280/1988, por instancia do Banco Pastor, S.A., representado polo procurador Regueiro Muñoz, contra Gonzalo Neira Maceira e Margarita Fernández Canicoba, con domicilio en San Mamede de Ribadulla-Vedra, nos que se acordou sacar a pública poxa, por termo de vinte días, os bens que logo se dirán, coas seguintes condicións :

Primeira.-Sinalouse para que teña lugar o remate da primeira poxa o vindeiro día 27 de outubro, ás 10.30 horas, na sala de audiencia deste xulgado, polo tipo de 11.565.450 ptas.

Segunda.-Para o suposto de que resultase deserta a primeira, sinalouse para a segunda poxa o vindeiro día 27 de novembro, ás 10.30 horas, na sala de audiencia deste xulgado, coa rebaixa dun 25% do tipo que o foi para a primeira.

Terceira.-Se resultase deserta a segunda, sinalouse para a terceira poxa o vindeiro día 27 de decembro, ás 10.30 horas, na sala de audiencia deste xulgado, sen suxeición a tipo.

Cuarta.-Nas poxas primeira e segunda non se admitirán ofertas que non cubran o tipo correspondente.

Quinta.-Para tomar parte en calquera das tres poxas, tódolos licitadores- agás o acredor demandante- deberán consignar previamente o 20% do tipo para seren admitidos a licitación, e calcularase esta cantidade na terceira poxa respecto do tipo da segunda, suma que deberá consignarse na conta de depósitos e consignacións do banco de Bilbao-Vizcaya, S.A., oficina principal desta cidade, e deberá facilita-lo número do expediente ou procedemento seguinte: 1584-17-0280/88 e presenta-lo resgardo de ingreso.

Sexta.-Non consta en autos a certificación das leiras embargadas, xa que as cinco primeiras non aparecen inscritas no Rexistro da Propiedade de Santiago de Compostela, número un, e en canto ó predio nº seis, consta en autos informe de descrición e identificación deste, e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes ó crédito do actor, se os houber, continuarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o adxudicatario os acepta e queda subrogado na necesidade de satisfacelos, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

Sétima.-Poderán facerse ofertas en prego pechado.

Oitava.-En caso de que debera suspenderse calquera das tres poxas, trasládase a súa celebración á mesma hora para o día seguinte hábil dentro da semana na que se sinalase a poxa suspendida.

Novena.-Devolveranse as consignacións efectuadas polos participantes á poxa, salvo que lle corresponda ó mellor postor, a que se reservará en depósito como

garantía do cumprimento da obriga e, se é o caso, como parte do prezo da venda.

Décima.-De se pedir polo acredor ata o mesmo momento da celebración da poxa, tamén poderán reservarse en depósito as consignacións dos participantes que así o acepten e que cubrisen coas súas ofertas os prezos da poxa, por se o primeiro adxucatario non cumprise coa súa obriga e desexasen aproveita-lo remate dos outros postores e sempre pola orde delas.

Décimo primeira.-O sinalamento do lugar, día e hora para o remate notificaráselle ó debedor, no predio ou predios poxados e, se é o caso, a publicación dos presentes edictos serve como notificación dos sinalamentos

Bens obxecto de poxa:

1.-Leira, Carril do Fondón, a labrantío e viña, de dúas áreas e oitenta centiáreas. Linda: norte, Jesusa Vilasante; sur, José Nogueiras; leste, muro e camiño de carro; e oeste, herdeiros de Matías Fuentes.

2.-Leira, Braña, a herbal, de tres áreas e catro centiáreas. Linda: norte, Elena Canicoba Albela; sur, María Canicoba; leste, Manuel Fernández; e oeste, regato.

3.-Leira, Viña de Cortes, destinada a viña, de unha área e setenta e nove centiáreas. Linda: norte, camiño; sur, río; leste, herdeiros de Manuel Lema; e oeste, Jesusa Vilasante.

4.-Leira, Casal ou Camiño da Misa, a labrantío e monte, de sete áreas e sesenta e unha centiáreas. Linda: norte, muro de José María Alvela; sur, herdeiros de Jesús Albela Mosquera; leste, Manuel Fernández Barros; e oeste, herdeiros de Jesús Albela.

5.-Leira, Estrada de Cortes, a toxeira, de seis áreas e vintenove centiáreas. Linda: norte, herdeiros de Jesús Cabo; sur, María Valdés Caramés; leste, gabia e muro de Vicente Otero; e oeste, muro.

6.-Casa, con saído, sita no lugar de Feal, parroquia de San Mamede de Ribadulla, do termo municipal de Vedra, A Coruña. A casa é de cachotería, composta de baixos e piso alto e con varias construccións anexas polo norte e polo sur, destinadas a cubertos, cortes e garaxe; as edificacións ocupan uns trescentos metros cuadrados; unido ás construccións polo leste, atópase unha leira que forma a eira e a horta da casa, dunha superficie de nove áreas e dez centiáreas ( 910 metros cuadrados ). Linda, no seu conxunto, casa e terreo unido, polo norte, camiño público do lugar; sur, terreo do saído de Camilo Canicoba Albela; leste, predio de Juan Manuel Álvarez Tallón ; e oeste, camiño.

Resume valoración

1.-210.000 ptas.

2.-152.000 ptas.

3.-134.250 ptas.

4.-380.500 ptas.

5.-188.700 ptas.

6.-10.500.000 ptas.

Importe total11.565.000 ptas.

Dado en Santiago de Compostela o sete de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

5097