Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Martes, 05 de setembro de 1995 Páx. 6.810

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (11/1982).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela.

Fago saber: que neste xulgado se seguen autos de procedemento xuízo executivo, baixo o número 11/1982, por instancia de Banco Bilbao Vizcaya, S. A., representado polo procurador Paz Montero contra José Romero San Martín, de Santiago de Compostela, representado polo procurador Fernández Rial, no cal se acordou sacar a pública poxa, por termo de vinte días, os bens que logo se dirán, coas seguintes condicións:

Primeira.-Sinalouse para que teña lugar o remate en primeira poxa o próximo día 20 de outubro, ás 12.30 horas, na sala de audiencia deste xulgado, polo tipo de 28.500.000 pesetas.

Segunda.-Para o suposto de que resultase deserta a primeira, sinalouse par a segunda poxa o próximo día 20 de novembro, ás 12.30 horas, na sala de audiencia deste xulgado, coa rebaixa do 25% do tipo que foi para a primeira.

Terceira.-Se resultase deserta a segunda, sinalouse para a terceira poxa o próximo día 20 de decembro, ás 12.30 horas na sala de audiencia deste xulgado, sen suxeición a tipo.

Cuarta.-Nas poxas primeira e segunda non se admitirán ofertas que non cubran o tipo correspondente.

Quinta.-Para tomar parte en calquera das tres poxas tódolos licitadores -a excepción do acredor demandante- deberán consignar previamente o 20% do tipo para seren admitidos a licitación, calculándose esta cantidade na terceira poxa respecto ó tipo da segunda, suma que deberá consignarse na conta de depósitos

e consignacións deste xulgado aberta no Banco Bilbao Vizcaya, S.A., oficina principal desta cidade, e deberá facilita-lo número do expediente ou procedemento seguinte: 1584-17.0011/1982, presentando o resgardo de ingreso.

Sexta.-Os títulos de propiedade dos inmobles poxados atópanse suplidos polas correspondentes certificacións rexistrais, que constan en autos, de manifesto na secretaría do xulgado, para que poidan examinalos os que desexen tomar parte na poxa, entendéndose que todo licitador os acepto como bastante, sen que poida esixir ningún outro, e que as carga e gravames anteriores e os preferentes ó crédito do actor, se os houber, continuarán subsistentes e sen cancelar, e enténdese que o adxudicatario os acepta e queda subrrogado na necesidade de satisfacelos, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

Sétima.-Poderán facerse ofertas en prego pechado.

Oitava.-En caso de que houbese de suspenderse calquera das tres poxas trasládase a súa celebración á mesma hora para o día seguinte hábil dentro da semana en que se sinale a poxa suspendida.

Novena.-Devolveranse as consignacións efectuadas polos participantes á poxa, salvo a que corresponda ó mellor postor, que se reservará en depósito como garantía do cumprimento da obriga e, se é o caso, como parte do prezo da venda.

Décima.-Se o acredor o pedise ata o mesmo momento da celebración da poxa, tamén poderán reservarse en depósito as consignacións dos participantes que así o acepten e que o cubrisen coas súas ofertas os prezos da poxa, por se o primeiro adxudicatarario non cumprise coa súa obriga e desexase aproveita-lo remate, os outros postores e sempre pola orde destas.

Undécima.-O sinalamento do lugar, día e hora para o remate notificaraselle ó debedor no predio e predios poxados e, se é o caso, a publicación dos presentes edictos serve como notificación dos sinalamentos.

Bens obxecto de poxa:

Urbana.-Número corenta e cinco. Vivenda letra D da quinta planta alta dunha casa con frontes á praza de Vigo e rúas Santiago de Chile e Alférez Provisional, nesta cidade de Santiago de Compostela. Extensión: cento catorce metros cadrados. Linda: norte, coa vivenda letra C, patamal e caixa de ascensores; sur, edificación do señor Lugo Ouzande, antes de Bernarda Ituarte e patio de luces; leste, con patamal, caixa de ascensores, patio de luces e coa vivenda letra E; e oeste, coa rúa Santiago de Chile. Pertence tamén á vivenda o rocho número quince.

Valorada en: 28.500.000 pesetas.

Dado en Santiago de Compostela o sete de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

95-4607