Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Luns, 04 de setembro de 1995 Páx. 6.777

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

DECRETO 246/1995, do 28 de xullo, polo que se aproba a oferta pública de emprego do persoal laboral do complexo hospitalario Santa María Madre-Dr. Cabaleiro Goás de Ourense para o ano 1995.

O Decreto 22/1993, do 28 de xaneiro (DOG nº 29, do 13 de febreiro), transferiulle á Comunidade Autónoma de Galicia o Hospital Provincial Santa María Madre, dependente da Deputación Provincial de Ourense, xunto coa Escola Universitaria de Enfermería situada no mesmo centro, con efectos desde o día 1 de xaneiro de 1993.

No apartado sexto da Resolución do 29 de xullo de 1994 (DOG nº 160, do 19 de agosto), conxunta da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, pola que se dispón a publicación do acordo subscrito pola Administración sanitaria e os representantes do comité de empresa e a xunta de persoal do Hospital Santa María Madre de Ourense, polo que se regulan determinadas condicións de traballo e retributivas do persoal que presta servicios no dito centro de traballo, acórdase realizar unha oferta pública de emprego específica para o dito persoal no momento e nas condicións que se efectúe con carácter xeral para todo o Servicio Galego de Saúde, sen prexuízo das particularidades que, se é o caso, se poidan acordar cos representantes sindicais do citado hospital.

O Decreto 74/1995, do 10 de marzo (DOG nº 54, do 17 de marzo), aprobou a oferta de emprego do persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde para o ano 1995.

Con data 29 de marzo de 1995, en execución das previsións contidas no apartado 6 da citada Resolución do 29 de xullo de 1994, subscríbese un acordo entre a Administración sanitaria e o comité de empresa do dito centro hospitalario sobre a oferta de emprego para o ano 1995 do persoal laboral do mesmo, que se materializará mediante a aprobación e publicación do presente decreto.

Por Orde do 28 de abril de 1995 (DOG nº 92, do 15 de maio) créase o Complexo Hospitalario Santa María Madre-Dr. Cabaleiro Goás de Ourense, se ben a incorporación deste último centro hospitalario non incide na oferta de emprego que agora se aproba, por circunscribirse esta exclusivamente ó Hospital Santa María Madre.

Polo demais, convén sinalar que a exclusión dalgunhas categorías da oferta e a determinación do número de prazas convocadas vén xustificado por razóns de carácter estructural e funcional, así como, noutros casos, pola necesidade de efectuar unha profunda análise de determinadas categorías actualmente existentes, dadas as circunstancias sempre cambiantes que se están a producir na xestión da asistencia sanitaria, circunstancias que xa se tiveron en conta no

marco das negociacións levadas a cabo co comité de empresa.

En consecuencia, por proposta do conselleiro de Sanidad e Servicios Sociais, trala negociación levada a cabo co citado comité de empresa e trala deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintesete de xullo de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Queda aprobada a oferta de emprego público para o ano 1995 do persoal laboral do Complexo Hospitalario Santa María Madre-Dr. Cabaleiro Goás de Ourense, dependente do Servicio Galego de Saúde.

Artigo 2º

A convocatoria e as súas bases serán acordadas e publicadas no Diario Oficial de Galicia polo Servicio Galego de Saúde para cada unhas das categorías que se convoquen, podéndose agrupar todas ou parte delas nunha mesma resolución.

Artigo 3º

As categorías nas que se convocan prazas vacantes e o número total das mesmas son as que figuran no anexo do presente decreto.

Artigo 4º

1. En tódalas categorías que se convocan o sistema de selección será o concurso-oposición.

2. A valoración na fase de concurso non poderá exceder do 25 por cento da puntuación máxima alcanzable na fase de oposición.

3. Dentro da fase de concurso, valoraranse exclusivamente os servicios prestados como persoal laboral temporal no Hospital Santa María Madre; outorgaráselles valor preferencial ós servicios prestados na categoría á que se opte e puntuación decrecente para os que correspondan a outra categoría dentro do mesmo grupo e a outras categorías fóra do mesmo grupo pero dentro da mesma clasificación do persoal de acordo co que aparece no anexo do presente decreto.

4. En ningún caso a puntuación da fase de concurso poderá ser aplicable para supera-los exercicios da fase de oposición.

Artigo 5º

Para dar cumprimento á normalización do idioma galego e co fin de garanti-los dereitos dos usuarios dos distintivos servicios do hospital ó uso da dita lingua, así como a promoción da utilización normal da mesma por parte dos poderes públicos de Galicia, terá que demostrarse o coñecemento da lingua galega nos termos que estableza a correspondente convocatoria.

Artigo 6º

1. De acordo co recollido no capítulo VIII, apartado C do convenio colectivo do Hospital Santa María Madre de Ourense, subscrito o día 14 de maio de

1991 e publicado no BOP de Ourense nº 298, do 30 de decembro de 1991, reservarase un mínimo dun 50 por cento das prazas convocadas para a súa provisión polo sistema de provisión interna, coa determinación concreta da porcentaxe aplicable en cada categoría en función do número de prazas e características das mesmas.

2. As prazas non cubertas polo sistema de promoción interna incrementaranse, se é o caso, ás convocadas polo sistema de acceso libre.

Artigo 7º

1. De acordo co establecido na Lei 13/1982, do 7 de abril, de integración social dos minusválidos, na oferta pública de emprego serán admitidas as persoas con minusvalidez en igualdade de condicións cos demais aspirantes.

2. Na convocatoria establecerase unha reserva do 3 por cento das prazas convocadas para os que teñan a condición legal de persoas con minusvalidez acreditada polo organismo público competente.

Artigo 8º

O contido das probas selectivas de que conste a fase de oposición adecuarase ás funcións que se van desenvolver na categoría correspondente.

Artigo 9º

1. No non previsto no presente decreto haberá que aterse ó disposto no capítulo VIII do citado convenio colectivo, agás o previsto no seu artigo 93, vixente respecto a esta materia concreta para o cadro de persoal laboral do Hospital Santa María Madre en canto regula a selección e provisión de postos de traballo de persoal laboral.

2. No non previsto no presente decreto, no dito convenio e na convocatoria, aplicaranse supletoriamente as normas previstas no capítulo V do Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, vinteoito de xullo de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Manuel Romay Beccaría

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO

A) Persoal sanitario non facultativo.

ATS 33.

TEL 5.

TER 4.

Auxiliar de enfermería 67.

B) Persoal non sanitario.

Grupo de xestión da función administrativa 2.

Asistente social 1.

Auxiliar administrativo 29.

Telefonista 2.

Celador 27.

Operario 42.

95-4864