Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Venres, 01 de setembro de 1995 Páx. 6.764

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 9 de agosto de 1995, da Secretaría Xeral do Servicio Galego de Saúde, pola que se fai pública a Resolución do 7 de xullo de 1995 do presidente do Servicio Galego de Saúde, pola que se declara deserto o concurso público para a subministración de tres sistemas de tomografía axial computerizada con destino ós hospitais Santa María Madre de Ourense, Comarcal da Costa en Burela (Lugo) e Comarcal de Monforte de Lemos (Lugo) (SCC.- 3/1995).

O presidente do Servicio Galego de Saúde, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, de acordo co disposto no arrtigo 89.2º da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas, con base na proposta formulada polas reunións de expertos celebradas entre a Dirección Xeral de Asistencia Especializada e representantes dos centros hospitalarios citados para a avaliación técnica das ofertas presentadas de data 27 de abril de 1995 e de 15 de maio de 1995,

RESOLVE:

Declarar deserto o concurso público para a subministración de tres sistemas de tomografía axial computerizada con destino ós hospitais Santa María de Ourense, Comarcal da Costa en Burela (Lugo) e Comarcal de Monforte de Lemos (Lugo) (SCC.- 3/1995), dado que as características técnicas das ofertas presentadas non responden ás necesidades reais dos centros destinatarios e, ademais, non recollen os últimos avances tecnolóxicos neste tipo de aparellos.

O que, en cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, se notifica, advertíndose que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte

ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 9 de agosto de 1995.

O presidente do Servicio Galego de Saúde

P.D. (Orde C. 31-7-1995)

Alberto Núñez Feijoo

Secretario xeral do Servicio Galego de Saúde

5711