Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Venres, 01 de setembro de 1995 Páx. 6.765

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

Por resolución da alcaldía-delegada para a área de urbanismo con data oito de agosto do ano que corre adoptouse resolución no seguinte teor literal:

1.-Aprobar inicialmente o proxecto de expropiación forzosa redactado polos servicios municipais para a apertura da rúa San Mateo, e que afecta a seguinte relación de bens e dereitos:

-Parcela número 1: Ref. catastral: 7613008, superficie de solo afectada: 53,24 m. Galpón de 17,50 m. Muro de peche de 12 ml. Propietario: Arturo González Donaire. Domicilio: Padre Sarmiento, 26.

-Parcela número 2: Ref. catastral: 7613009, superficie de solo afectada: 234,42 m. Muro de peche de 41 ml. Propietaria: Paz Campos Ares. Domicilio: Eladio Rodríguez, 35.

-Parcela número 3: Ref. catastral: 7613010. Superficie de solo afectada: 443,65 m. Muro de peche de 68 ml. Propietaria: Paz Campos Ares. Domicilio: Eladio Rodríguez, 35.

2.-Optar, para a execución do citado proxecto, polo procedemento de taxación conxunta.

3.-Somete-lo citado proxecto ó trámite de información pública polo termo de un mes, mediante a inserción dos correspondentes anuncios na prensa e diarios oficiais, así como remitir notificacións perseoais a quen neste momento apareza como interesado, nos termos que prevé o artigo 219.4º do texto refundido da Lei do solo, para que durante o citado prazo os interesados poidan consulta-lo proxecto de expropiación nas dependencias do Servicio de Urbanismo do Concello da Coruña, de luns a venres, das 12 ás 13.30 horas, e presentar cantas alegacións consideren oportunas para defende-los seus dereitos.

A Coruña, 11 de agosto de 1995.

P.D.

O alcalde

Rubricado

5663