Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Venres, 01 de setembro de 1995 Páx. 6.764

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 9 de agosto de 1995, da Secretaría Xeral do Servicio Galego de Saúde, pola que se anuncia concurso para a reedición do material informativo e de traballo deseñado para o desenvolvemento do programa O VIH/SIDA na comunidade escolar: aprender a previr, nas cantidades e de acordo coas características sinaladas no prego de prescricións técnicas (anexo I).

Obxecto e orzamento: reedición do material informativo e de traballo deseñado para o desenvolvemento do programa O VIH/SIDA na comunidade escolar: aprender a previr, nas cantidades e de acordo coas características sinaladas no prego de prescricións técnicas (anexo I), por un importe máximo de 12.000.000 de ptas., IVE engadido.

Prazo de execución: un mes natural contado desde a formalización do contrato.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódese solicitar na Dirección Xeral de Saúde Pública, Avda. do Camiño Francés, 10 baixo, en Santiago de Compostela, en días laborais desde as 9 ata as 14 horas.

Fianzas: o 2% do orzamento de licitación, que se constituirá seegundo o disposto no artigo 36 da Lei de contratos das administracións públicas.

Clasificación: non se esixe.

Admisión de variantes: non se admiten.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da consellería/Sergas, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada na cláusula 10 do prego de cláusulas administrativas.

Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola Mesa de Contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da consellería, ás 10 horas do décimo primeiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso

de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

Documentación que deberán aporta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 9 de agosto de 1995.

O Presidente do Servicio Galego de Saúde

P.D.(Orde C. 31/7/1995)

Alberto Núñez Feijoo

Secretario xeral do Servicio Galego de Saúde

5641