Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Venres, 01 de setembro de 1995 Páx. 6.754

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (15/1995-01).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fago saber,

Que, neste xulgado, se tramita xuízo de faltas número 15/1995 a instancia de Antonio Calvete Patiño contra José Alberto Cea Pintor e, nas súas actuacións en resolución desta data, acordouse citar a José Alberto Cea Pintor, co fin de que o día dezanove de outubro, ás 12.45 horas, compareza ante este xulgado co fin de asistir á celebración do oportuno xuízo de faltas, apercibíndoo de que, en caso de non verificalo, recaerá sobre del o prexuízo a que houber lugar en dereito e que deberá comparecer asistido das probas das que intente valerse.

E, para que conste e sirva de citación a José Alberto Cea Pintor, expido e asino en Santiago de Compostela o vinterés de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

95-5182