Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Venres, 01 de setembro de 1995 Páx. 6.754

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa 108/1995.

Eu, Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela e o seu partido xudicial,

Fago saber que neste xulgado do meu cargo séguense autos de procedemento xudicial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria co número 00108/1995 por instancia do Banco Central Hispanoamericano, S.A., representado polo procurador Ricardo García-Piccoli Atanes contra Antonio Porto Crespo, Mª Dolores Porto Nogueira, Mª del Pilar Porto Nogueira e José Antonio Porto Nogueira sobre reclamación de cantidade en virtude de préstamo hipotecario, dictándose providencia no día da data e acordando sacar a pública poxa por termo de vinte días hábiles de antelación, por primeira e, se é o caso, segunda e terceira vez, o predio hipotecado que se describirá, baixo as seguintes condicións e advertencias:

Primeiro.-A primeira e, se é o caso, segunda e terceiras poxas, terán lugar na sala de audiencia deste xulgado, sita no Pazo de Xustiza, rúa Algalia de

Abaixo, 24, desta cidade ás 10 horas dos días 6 de outubro, 6 de novembro e 4 de decembro.

Segunda.-O tipo de poxa é o de 20.700.000 ptas. para a primeira que corresponde ó prezo pactado na escritura de préstamo, para a segunda rebáixase un 25% do prezo da anterior e, sen suxeición a tipo respecto da terceira.

Terceira.-Non se admitirán ofertas que non cubran o tipo establecido para cada unha das poxas, excepto para a terceira, coforme se di, e para tomaren parte nestas deberán os licitadores, excepto o executante, presenta-lo resgardo de ter consignado previamente na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco Bilbao Vizcaya, desta cidade, unha cantidade igual polo menos ó 20 % do tipo de cada unha das poxas, ou do da segunda tratándose da terceira. Ata a celebración das poxas poderán facerse ofertas por escrito en prego pechado, acompañando nun e outro caso o resgardo correspondente de ingreso da citada consignación.

Cuarta.-As posturas poderán facerse en calidade de cede-lo remate a un terceiro, coas solemnidades e requisitos legalmente establecidos na Lei hipotecaria.

Quinta.- Os autos e a certificación rexistral a que se refire a regra cuarta en relación coa oitava e décimo terceira do artigo 131 da Lei hipotecaria están de manifesto en secretaría, e entenderase que todo licitador acepta como bastante a titulación e que as cargas, gravames anteriores e preferentes, se os houber, do crédito da demandante, quedarán ou continuarán subsistentes, e entenderase que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade destes, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

Predio obxecto de hipoteca e poxa.

Casa composta de piso baixo e planta alta, no sitio de Leira de Santasmariñas, termo do lugar do Castiñeiriño, nesta cidade de Santiago de Compostela, con terreo a labradío unido pola parte traseira. Forma un só predio que ocupa a superficie de trinta e sete cuartillos, igual a nove áreas e oitenta e seis centiáreas, da que corresponde á casa a de cento dous metros cadrados. Linda: polo oeste, ó frente, coa rúa da Estrada, por onde mide oito metros e cincuenta centímetros; polo leste ó fondo, camiño que separa monte de herdeiros de Domingo Nogueira Vázquez e Teodora López García; norte, ou esquerda entrando, de Mercedes Fernández Tarrío, e sur, ou dereita, casa e saído de José Condide.

Título: escritura de adxudicación parcial de herdanza, outorgada perante o notario de Santiago de Compostela José Antonio Montero Pardo, con data do 8 de xaneiro de 1991.

Inscrita no rexistro da propiedade nº 1 desta cidade, no tomo 747, libro 396, folio 198 vto, predio 27.867.

Dado en Santiago de Compostela o 17 de xullo de 1995.

A maxistrada

Rubricado

O secretario

Rubricado

95-5443