Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Venres, 01 de setembro de 1995 Páx. 6.753

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (57/1994).

Eu, María Fe Meitín Fernández, maxistrada xuíza, substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado séguense autos de procedemento de xuízo executivo, baixo o número 57/1994, por instancia de Banco de Asturias, S.A., representado polo procurador García-Piccoli, contra Juan González Parcero e María Felicidad Neiro Lamas, con domicilio en Niveiro (15873), Val do Dubra, nos cales se acordou sacar a pública poxa, por termo de vinte días os bens que a seguir se dirán, coas seguintes condicións:

Primeira.-Sinalouse para que teña lugar o remate en primeira poxa o próximo día 2 de outubro, ás 10.30 horas, na sala de audiencia deste xulgado, polo tipo de 8.578.350 pesetas.

Segunda.-Para o suposto de que resultase deserta a primeira, sinalouse para a segunda poxa o próximo

día 31 de outubro, ás 10.30 horas, na sala de audiencia deste xulgado, coa rebaixa do 25% do tipo que o foi para a primeira.

Terceira.-Se resultase deserta a segunda, sinalouse para a terceira poxa o próximo día 29 de novembro, ás 10.30 horas na sala de audiencia deste xulgado, sen suxeición a tipo.

Cuarta.-Nas poxas primeira e segunda non se admitirán ofertas que non cubran o tipo correspondente.

Quinta.-Para tomar parte en calquera das tres poxas tódolos licitadores -con excepción do acredor demandante- deberán consignar previamente o 20 por cento do tipo para seren admitidos a licitación; esta cantidade calcularase na terceira poxa respecto ó tipo da segunda, suma que deberá consignarse na conta de depósitos e consignacións deste xulgado aberta no Banco de Bilbao Vizcaya, S.A., oficina principal desta cidade, deberase facilita-lo número do expediente ou procedemento seguinte: 1584-17-0057/1994, presentando o resgardo de ingreso.

Sexta.-Os títulos de propiedade dos inmobles poxados atópanse suplidos polas correspondentes certificacións rexistrais, que constan nos autos, de manifesto na secretaría do xulgado, para que poidan examinalos os que desexen tomar parte na poxa, e entenderase que todo licitador os acepta como bastante, sen que poida esixir ningún outro, e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes ó crédito do demandante, se os houbese, continuarán subsistentes e sen cancelar, e entenderase que o adxudicatario os acepta e queda subrogado na necesidade de satisfacelos, sen destinarse a súa extinción o prezo do remate.

Sétima.-Poderán facerse ofertas en prego pechado.

Oitava.-En caso de que houbese que suspender calquera das tres poxas trasládase a súa celebración á mesma hora para o día seguinte hábil dentro da semana en que se sinalase a poxa suspendida.

Novena.-Devolveranse as consignacións efectuadas polos participantes á poxa, excepto a que corresponda ó mellor ofertante, a que se reservará en depósito como garantía do cumprimento da obrigación e, se é o caso, como parte do prezo da venta.

Décima.-Se o acredor o pedise, ata o mesmo momento da celebración da poxa, tamén poderán reservarse en depósito as consignacións dos participantes que así o acepten e que cubrisen coas súas ofertas os prezos da poxa, por se o primeiro adxudicatario non cumprise coa súa obriga e desexasen aproveita-lo remate os outros ofertantes e sempre pola orde destas.

Undécima.-O sinalamento do lugar, día e hora para o remate notificaráselle ó debedor, no predio ou predios poxados e, se é o caso, a publicación dos presentes edictos serve como notificación dos sinalamentos.

Bens obxecto de poxa.

1. Rústica: número cincocentas vintecinco. 1 do plano xeral de concentración da zona de San Vicente de Naveiro, municipio de Val do Dubra. Prado no sitio de Picho, cunha superficie de dúas áreas. Inscrita

no Rexistro da Propiedade de Ordes, no tomo 239, libro 44, folio 38, predio 6.900.

2. Rústica: número cincocentas vintecinco. 2 do plano xeral de concentración da zona de San Vicente de Naveiro, municipio de Val do Dubra. Labradío ó sitio de Picho, cunha superficie de vinteunha áreas, setenta centiáreas. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Ordes, ó tomo 239, libro 44, folio 39, predio 6.901.

3. Rústica: sita no concello de Val do Dubra, parroquia de Naveiro, onde lle chaman Porto do Medio, monte de dúas hectáreas, 11 áreas e 20 centiáreas. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Ordes, tomo 256, libro 51, Val do Dubra, folio 66, predio 8.638.

4. Monte baixo denominado Campo do Vilar, de doce cuartillos, ou tres áreas e vinte centiáreas. Linda: norte, Chousa do Vilar; sur, Agro de José Cornes; leste, Manuel Rodríguez; e oeste, Manuel Abelenda.

5. Monte baixo chamado Arriba do Agro de Neto, de 116,30 cuartillos ou 25 áreas e 58 centiáreas. Linda: norte, José Arnejo; sur, herdeiros de José Fraga; leste, Carmen Cameán; e oeste, Rosa Cornes.

6. Monte baixo denominado Anedo, de 22 áreas e 84 centiáreas, ou 153,80 cuartillos. Linda: norte, Manuel Nieto; sur, Tenza de Anedo; leste, Rosario Pumar, e oeste, Manuel Iglesias.

7. Monte baixo Alto de Pedra Facha, de 33 áreas e 84 centiáreas, ou 153,80 cuartillos, linda: norte, Manuel Nieto; sur, Tenza de Anedo; leste, Rosario Pumar; e oeste, Manuel Iglesias.

8. Monte tenza de Campelo, de 10 áreas e 92 centiáreas, ou 49, 60 cuartillos. Linda: norte, José Iglesias; sur, Juan Amerío; leste, Chan do Campelo; e oeste, monte de Naveiro.

9. Monte Revolta, de 144 cuartillos ou 31 áreas e 68 centiáreas. Linda: norte, Arriba da Revolta; sur, Agro de José Señaris Gándara; este, José Rodríguez e oeste, camiño público.

10. Chousa do Mato, de 32 cuartillos ou 7 áreas, 4 centiáreas, conocida tamén por Pedriña Chan, encima de Agro de Rei. Linda: norte, Consuelo Señaris Vilares; sur, José Señaris Gándara; leste, Manuela Gómez Nieto; e oeste, María Viqueira Escariz.

11. Agro Novo, de 32 cuartillos ou 7 áreas. Linda: oeste, José Señaris Gándara; norte, Pedro Rodríguez; sur e leste, veciños desta parroquia.

Valoración.

Predio número 1: 181.800 pesetas.

Predio número 2: 1.972.800 pesetas.

Predio número 3: 4.800.000 pesetas.

Predio número 4: 60.000 pesetas.

Predio número 5: 581.500 pesetas.

Predio número 6: 508.650 pesetas.

Predio número 7: 96.150 pesetas.

Predio número 8: 31.050 pesetas.

Predio número 9: 240.000 pesetas.

Predio número 10: 53.200 pesetas.

Predio número 11: 53.200 pesetas.

Total valoración: 8.578.350 pesetas.

Dado en Santiago de Compostela o once de maio de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

95-4872