Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Xoves, 31 de agosto de 1995 Páx. 6.735

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 19 de xullo de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución formulada no expediente sancionador de epizootias que se cita, devolto polo servicio de correos por non residir nese enderezo o seu destinatario (expediente 29/95).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último enderezo coñecido sinalados, que con esta data se formula a correspondente proposta de resolución no expediente sancinador que se instrúe por infracción á Lei de epizootias de 1952 e o seu regulamento de 1955 (modificado polo R.D. do 7 de maio de 1976).

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula para que poida alegar canto considere conveniente na súa defensa.

Lugo, 19 de xullo de 1995.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: 29/95.

Denunciado: Ángel J. Fernández Villaravid.

DNI número: 33.825.207.

Último enderezo coñecido: Castro de Amarante-Antas de Ulla.

Feitos imputados: transporta-lo día 8 de marzo de 1995, no vehículo matrícula LU-5235-J, dúas cabezas de gando equino, carecendo de guía de orixe e sanidade pecuaria.

Tipificación infracción Regulamento de epizootias:

Precepto infrinxido: artigo 32.

Precepto sancionador: artigo 212.

Cualificación infracción: menos grave.

Sanción: 15.000 pesetas.

9505334