Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Xoves, 31 de agosto de 1995 Páx. 6.734

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 23 de agosto de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso, das asistencias técnicas redacción dos proxectos de restauración da cuberta vexetal e control da erosión en zonas degradadas en varios montes da provincia da Coruña e tres máis.

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de concurso público:

Obxecto: contratación das asistencias técnicas que figuran na relación adxunta, de acordo cos proxectos e pregos aprobados para ela. O orzamento e o prazo de execución serán os que, así mesmo, se sinalan na relación.

Fianza provisional: exenta.

Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación.

Exposición do proxecto e pregos: o proxecto, así como o prego de cláusulas administrativas particulares, estarán á disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as proposicións serán entregadas no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago de Compostela), ou en calquera das vías admitidas polo artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado, antes das 14 horas do día 27 de setembro de 1995.

A apertura de proposicións terá lugar o día 29 de setembro de 1995, ás 12 horas, nas oficinas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago de Compostela).

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

1. Redacción dos proxectos de restauración da cuberta vexetal e control da erosión en zonas degradadas en varios montes da provincia da Coruña (05124): (Nº 302).

Orzamento: 9.737.000 ptas.

Prazo de execución: 6 meses.

2. Redacción do proxecto de rexeneración da cuberta vexetal en varios montes da Comunidade Autónoma de Galicia (05125): (Nº 303).

Orzamento: 9.362.500 ptas.

Prazo de execución: 6 meses.

3. Redacción dos proxectos de loita contra a erosión e labores complementarias de proxección da cuberta

vexetal en varios montes da provincia de Ourense (05126): (Nº 304).

Orzamento: 9.844.000 ptas.

Prazo de execución: 6 meses.

4. Redacción dos poxectos de restauración hidrolóxica en varios montes da provincia de Pontevedra (05127): (Nº 305).

Orzamento: 6.420.000 ptas.

Prazo de execución: 6 meses.

Santiago de Compostela, 23 de agosto de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

95-05531