Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Xoves, 31 de agosto de 1995 Páx. 6.733

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, de notificación da resolución do expediente sancionador número 94/V/1.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a resolución adoptada polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 6 de xullo de 1995, despois de intentarse a dita notificación mediante correo certificado con xustificante de recepción e resultar devolta.

O importe da sanción farase efectivo por transferencia bancaria á conta número 120596 da oficina principal 0401 do Banco Pastor 0072, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución; de non facelo así procederase ó seu cobro pola vía administrativa de constrinximento.

Faise saber que esta resolución porá fin á vía administrativa e contra ela cabe interpoñer recurso contencioso administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó desta notificación, ante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co disposto na Lei do 27 de decembro de 1956.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 1995.

Antonio Luis Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

ANEXO

Expediente: 94/V/1.

Denunciado: Manuel Valdés Lema.

CIF: 33.135.241.

Último enderezo coñecido: Sta. Cruz de Ribadulla, Vedra, A Coruña.

Feito denunciado: subministrar de forma irregular a Adegas das Eiras, S.A. 5.685,5 kg de uva treixadura o día 21-9-1994, e 7.809 kg de uva albariño o día 27-9-1994. No primeiro caso a uva procedía de fóra do territorio do Rosal e alomenos 4.890,5 kgs de fóra da denominación de orixe. No segundo caso, a totalidade da uva procedía de fóra do territorio da denominación de orixe.

Precepto infrinxido: artigo 19 do Regulamento da denominación de orixe, Rías Baixas e do seu Consello Regulador.

Preceptos sancionadores: artigo 50.1º C e 50.1º C.11 do Regulamento da denominación de orixe Rías Baixas.

Sanción: multa de 2.500.000 ptas. e baixa temporal nos rexistros da denominación de orixe por un período de dous anos.

5513