Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Xoves, 31 de agosto de 1995 Páx. 6.733

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, sobre modificación, disolución e cancelación das sociedades agrarias de transformación que se citan.

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta secretaría xeral e para xeral coñecemento, acórdase publica-la relación das modificacións, disolucións e cancelacións das sociedades agrarias de transformación, conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, e a orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes do 29 de abril de 1988, inscritas no Rexistro de SS.AA.TT. de Galicia, que se citan.

A modificación de:

A sociedade agraria de transformación A Portela, S.A.T. nº 523 XUGA, na asemblea xeral celebrada o 11 de outubro de 1994, acordou por unanimidade admitir como socias a María Zoila Vázquez Sanmarful e a María del Carmen de la Fuente de la Torre e, en posterior asemblea do 17 de outubro de 1994 acordaron, por unanimidade, o desembolso de 70 resgardos nominativos de 10.000 ptas. cada resgardo, por cada unha das socias mencionadas, producíndose un aumento de capital definitivamente fixado en 3.500.000 ptas. e representado por 350 resgardos nominativos, cun valor de 10.000 ptas.

A disolución de:

A sociedade agraria de transformación Seara, S.A.T. nº 3.625, mediante escritura notarial do 18 de marzo de 1994 e, por unanimidade, solicitan a súa disolución.

A sociedade agraria de transformación Abrea, S.A.T. nº 684 XUGA, na asemblea xeral celebrada o 12 de xuño de 1995 e por maioría, solicitan a súa disolución nomeando a comisión liquidadora.

A cancelación de:

A sociedade agraria de transformación Seara, S.A.T. nº 3.625, mediante acordo tomado en escritura notarial do 18 de marzo de 1994 e por unanimidade, solicitan a súa cancelación no Rexistro Xeral de Sociedades Agrarias de Transformación de Galicia. Revisada a súa documentación, queda cancelada.

A sociedade agraria de transformación Masmada e Pena do Pico, S.A.T. nº 3.592, cancélase polo transcurso de máis de un ano desde a súa disolución.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 1995.

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

5703