Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Xoves, 31 de agosto de 1995 Páx. 6.729

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (39/1995).

En virtude do acordado por providencia desta data recaída nos autos de xuízo executivo número 39/1995, notificáselle á demandada Ana Julia Pérez Ulloa, a sentencia dictada nestes, que ten como encabezamento e parte dispositiva o seguinte:

Vistos por Manuel Pérez Echenique, maxistrado- xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un, desta cidade e o seu partido, os presentes autos de xuízo executivo, seguidos neste xulgado ó número 39 de 1995, entre partes, dunha como demandante, Banco Pastor S.A., domiciliado na Coruña, representado en autos polo procurador Regueiro Muñoz, asistido do letrado Sr, García Fernández, e doutra como demandados, Bernardo Luis Vilas Rodríguez, veciño desta cidade, con domicilio na rúa Neira de Mosquera, número 14-1, Máximino López Rivas, veciño de Teo, con domicilio na rúa do Castiñeiro,

número 10, B-2C e Ana Julia Pérez Ulloa, veciña que foi desta cidade, actualmente en ignorado paradoiro, incomparecidos e en situación procesual de rebeldía, sobre póliza de préstamo.

Decido: que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada neste proceso contra Bernardo Luis Vilas Rodríguez, Ana Julia Pérez Ulloa e Maximino López Rivas, facendo remate dos bens embargados e que se embarguen, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte executante Banco Pastor, S. A., da suma principal de 518.818 pesetas, gastos, xuros pactados e legais, e custas causadas e que se causen, que preceptivamente se impoñen á parte debedora, a quen lle será notificada esta resolución na forma e modo que dispón a lei para os rebeldes; faise saber ás partes que esta resolución non é firme e contra ela cabe recurso de apelación dentro de cinco días perante a Audiencia Provincial da Coruña.

Lévese certificación ó preito principal.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúcioo, mándoo e asínoo.

A anterior sentencia foi publicada no mesmo día da súa data.

E para que sirva de notificación á demandada Ana Julia Pérez Ulloa, declarada en rebeldía, expido o presente edicto, para a súa inserción no DOG, que asino en Santiago de Compostela o vintedous de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

5176