Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Xoves, 31 de agosto de 1995 Páx. 6.729

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (99/1995-C).

En virtude do acordado por Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres dos de Santiago de Compostela, en providencia do día de hoxe, dictada en xuízo de faltas nº 99/1995-C, que se segue sobre lesións en agresión, cítase ó denunciado José Manuel López Barreiro, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que compareza perante este xulgado o próximo día dezanove de setembro de 1995 ás 12.10 horas, co fin de asistir á celebración do correspondente xuízo verbal de faltas cos medios de proba de que se intente valer; fáiselle sabe-lo disposto no artigo 8 do Decreto do 21 de novembro de 1952. Poderá ser asistido de letrado.

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o 17 de xullo de 1995.

Francisco Castiñeiras Fernández

Secretario do xulgado

4965