Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Mércores, 30 de agosto de 1995 Páx. 6.705

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 1995 pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre Monforte de Lemos e Rabal, con anexos: V-3156; XG-354.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, o 27 de xuño de 1995 resolveu outorgarlle, con carácter definitivo, a Baltasar Feijoo Feijoo a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre Monforte de Lemos e Rabal, con anexos: V-3156; XG-354, por substitución da concesión entre Monforte

de Lemos e Rabal, V-3156; XG-354, de acordo, entre outras, coas seguintes condicións particulares:

I.-Itinerarios e puntos de parada.

* Monfote de Lemos, Cullade, Marcelle, Doade, Abeleda, Castro Caldelas, San Martiño e Rabal.

* San Martiño, Pesqueiras e Sas do Monte.

* Castro Caldelas, Alais, Paradela e Abeleda.

Monforte de Lemos-Castro Caldelas por Abeleda (30,3 km)

* Unha expedición de ida e volta os luns, mércores, xoves e venres laborables.

Monforte de Lemos-Castro Caldelas por Alais e Paradela (31,9 km)

* Unha expediciónn de ida e volta os martes laborables.

Rabal-Castro Caldelas (13,7 km)

* Unha expedición de ida e volta os martes e venres laborables.

* Dúas expedicións de ida e unha de volta os días 3 e 18 de cada mes, feira en Castro Caldelas.

Castro Caldelas-Castro Caldelas por Alais, Paradela e Abeleda (14,2 km)

* Dúas expedicións os días 3 e 18 de cada mes, feira en Castro Caldelas.

San Martiño-Sas do Monte-Castro Caldelas (11 km)

* Unha expedición de ida e volta os martes laborables e os días 3 e 18 de cada mes, feira en Castro Caldelas.

III.-Tarifas.

Tarifa aplicable:

-Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 9,014 pesetas.

-Tarifa usuario: 9,645 pesetas.

-Exceso de equipaxes e encargos: 1,3521 pesetas.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 1995.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

5069