Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Mércores, 30 de agosto de 1995 Páx. 6.706

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para autorización administrativa e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 149/1994).

Para os efectos previstos nos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Seawest España, S.A., co enderezo na Avda. Diagonal, 514-1º-5º, 08006 Barcelona, para a autorización administrativa e decla

ración de utilidade pública das instalacións que seguen:

Proxecto básico de parque eólico de Paxareiras, de 20,5 mW, nos termos municipais de Muros e Mazaricos, consistente en:

-Instalación de 27 aeroxeradores, deseñados por firma danesa Bonus, de 750 kW/u, a 660 V, montados sobre torres de 42-50 m de altura, con rotor de 3 palas, de 25 m de lonxitude por pala, situados no lugar de Paxareiras, e dentro do polígono definido polos vértices que ten como coordenadas:

V (4748000 N, 0497200 W),

V (4745800 N, 0497150 W),

V (4743850 N, 0496500 W),

V (4745700 N, 0494850 W).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 30 de xuño de 1995.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

5637