Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Mércores, 30 de agosto de 1995 Páx. 6.705

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 1995 pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre Forcarei e Silleda, con anexos: V-2258; XG-205.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, o 14 de xullo de 1995 resolveu outorgarlle, con carácter definitivo, á Empresa Lázara, S.A. a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre Forcarei e Silleda, con anexos: V-2258; XG-205, por substitución da concesilón entre estación de ferrocarril de Castro e Forcarei, con anexos, V-2258; XG-205, de acordo, entre outras, coas seguintes condicións particulares:

I.-Itinerarios e puntos de parada.

* Forcarei, Dúas Igrexas, San Bartolomeu, Fillois, Vilar, Graba, Fiestras, Fonteboa e Silleda.

* Silleda, O Castro, Breixa, Ansemil, Tirso e Bandeira.

* Escuadro, Soldecasa, Bustelo, Toxa e Silleda.

II.-Expedicións.

Forcarei-Silleda (21 km)

* Dúas expedicións de ida e volta diarias.

Silleda-Bandeira (10 km)

* Unha expedición de ida e volta os días laborables.

Escuadro-Silleda (13,5 km)

* Unha expedición de ida e volta os días laborables.

III.-Tarifas.

Tarifa aplicable:

-Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 9,00 pesetas.

-Tarifa usuario: 9,63 pesetas.

-Exceso de equipaxes e encargos: 1,35 pesetas.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 1995.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

5539